4º Educación Primaria (Blog)

3 DE DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro foi o "Día Internacional das persoas con discapacidade". Dende o cole, grazas aos compañeiros e compañeiras de 4º, quixemos aproveitar esta conmemoración para ver máis de preto as dificultades coas que estas persoas se atopan a diario.

Recibimos a visita de usuarios e traballadores sociais de COGAMI (asociación que presta apoio ás necesidades das persoas con discapacidade, con centro en Medelo).

Foron varias as actividades que fixemos dependendo dos cursos. Así houbo: contacontos; actividades sensoriais grazas as que vivenciamos as dificultades que teñen aquelas persoas que carecen do sentido da vista, a mobilidade, etc; actividades de linguaxe signada e de braille; actividades de mobilidade reducida... Tamén falamos do seu do seu día a día, de como era o seu centro,...

Cantas cousas que non sabiamos e cantas cousas son capaces de facer!

Non esquezamos que todos e todas somos diferentes e ÚNICOS!

 

Gúmer Portas visita o noso centro

O pasado xoves o noso centro tivo unha interesante visita "Gúmer Portas" o locutor de Radio Lalín, coñecido nas ondas do 106.8 Fm do Concello de Lalín.

Nesta visita o alumnado 4º de primaria preparou unha interesante entrevista, onde se pudo ver un Gúmer moi cercano e participativo, nun lugar onde non acostuma estar.
 
Preme na imaxe e accede o resumo dese día.
Momentos da entrevista
 
 

Día mundial da poesía

 O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis preciosas de expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis sinxelo nun poderoso catalizador de diálogo e paz.

 

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir as tradicións orais dos recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura e aumentar a visibilidade da poesía nos medios de comunicación. Mentres a poesía segue unindo a xente de todos os continentes, todos están invitados a unirse, como fixo o alumnado de 4º de Educación primaria no video que os deixamos a continuación para conmemorar esta data.

 

PÍCAROS

Preme na imaxe para acceder ao Blog de 4º de Primaria.

 

 

Recomendacións lectoras!!

Ola rapaces e rapazas!! Como xa sabedes a biblioteca está recibindo contos e recomendacións feitas por nenos e nenas de todo o cole. Para velas podedes visitar o Blog picando aquí ou ver o seguinte vídeo. Como veredes en 3º hai nenos e nenas que escollen lecturas moi variadas e divertidas. Parabéns!!!

 

Xuntos nas Ondas

Ola familias!! Ola chicos e chicas!! Como sabedes estamos rematando a semana dedicada ó "Día do Libro" e a radio foi un dos medios de difusión dos contos e das recomendacións. Hoxe no programa "Xuntos nas Ondas" emitiron un conto dunha das vosas compañeiras. Aquí deixo o enlace para que o escoitedes. 

Moito ánimo a todos e todas!!

 

25 de novembro día Internacional contra a Violencia de Xénero

Os nenos e as nenas de 3º de Educación Primaria leron varios libros relacionados con esta conmemoración. Entre eles escolleron o conto

"Cando as nenas voan alto" de Raquel Díaz Reguera e, cunhas pequenas modificacións, representárono diante dos seus compañeiros e compañeiras.

 

Proxecto Descartes

Proxecto Descrates

 

Materiais para a formación na competencia matemática

 

EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS

Operacións

Exercicios de Matemáticas para repasar o temario completo

Powered by Drupal - Design by artinet