Orientacións Familias

Escola de familias 2020

Dende o noso Centro queremos informaros dunha nova Edición da Escola de Familias que promove o Concello de Silleda, esta edición contará con tres ponencias a cargo de profesionais do ámbito psicoeducativo. A primeira delas será o proximo Sábado dia 14 de Marzo e está dirixida a familas de fillos de 0-12 anos, co título "As Emocións" A través desta charla coñeceremos o desenvolvemento emocional dxs nenxs  dende o se nacemento ata a etapa da preadolescencia, a importancia dun vínculo afectivo para un desenvolvemento positivo e para a formación dunha autoestima san; a necesidade de comprender e respectar os estados emocionais, así como xetionalos dunha maneira adecuada (sobre todo os ?temibles? berrinches na primeira etapa); a presenza de diferentes medos segundo cada etapa evolutiva e como actuar ante eles; de qué forma as persoas adultas lle infundamos prexuízos e temores; concienciarnos do modelado que exercemos como pais e nais así como coñecer cales son as nosas fortalezas para poder transmitirllas. A participación é gratuíta pero precísase inscrición previa no telf. 986592037 ou nas dependencias municipais de benestar (Centro Social dos Maiores de Silleda). Poderá asistir toda persoa interesada.

Conferencia "A familia , a primeira escola das emocións"

Continuando a labor que está a desenvoler o CFR de implicar ás familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos, este próximo xoves 6 de febreiro celebrase no salón de actos do auditorio de Lalín ás 20:00 horas a conferencia "A familia, a primeira escola das emocións" impartida por Mar Romera aberta a toda a Comunidade Educacitva.

Conferencia "Claves para unha boa educación"

Continuando a labor que esta a desenvolver o CFR de implicar as familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos, este próximo sábado día 1 de febreiro celebrarase no Museo Ramón María Aller de Lalín ás 17:00 unha conferencia impartida por Victor Arufe ca temática "Claves para unha boa educación" aberta a toda Comunidade Educativa.

III Encontro de familias do Deza

O CFR de Pontevedra (sección Lalín)  organiza o vindeiro 14 de decembro no auditorio de Lalín unha mesa redonda/talleres baixo o título Educar no esforzo e na responsabilidade, desta maneira continua a labor de dar resposta a formación que demandan as familias. (Descarga o documento que se adxunta e poderás ver todo o programa ofertado).

Tríptico do Departamento de Orientación

Ola!

dende o Departamento de Orientación queremos darvos a benvida a este curso 2014-2015 e darnos a coñecer un pouquiño máis. Para iso adxuntámosvos un tríptico no que explicamos un pouquiño quenes somos os membros do mesmo; cales son as nosas funcións; como podedes contactar con nós ou pedir unha reunión e todo aquilo no que vos podemos axudar cos/coas vosos/as fillos/as.

 

Sen máis, un saúdo

 

A orientadora,

Cristina

(Xefa do Departamento de Orientación)

OS CONFLITOS ENTRE IRMÁNS

Día Internacional pola Eliminación da Segregación Racial

Lecturas relacionadas para celebrar o Día Internacional pola Eliminación da Segragación Racial (21 marzo).

A AUTOMOTIVACIÓN DO ALUMNADO

CONTOS "ESPECIAIS"

Con motivo do Día Internacional da Infancia (20 de novembro),  o Día Internacional das Persoas Discapacitadas (3 de decembro) e o Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro), adxuntamos dende este departamento unha proposta de lecturas que esperamos que sexan do voso interese.

Garabullo xa ten algunha destas lecturas no seu espazoooooo.

ESCOLA DE PAIS

 

 

A AUTOESTIMA COMO BASE DE RENDEMENTO ESCOLAR A DESENVOLVEMENTO DA

PERSONALIDADE

 


Powered by Drupal - Design by artinet