Sara de 5º invítanos a xogar á "A bomba" nos tempos de lecer. Non volo perdades!!
Sara de 5º invítanos a xogar á "A bomba" nos tempos de lecer. Non volo perdades!!
Nina de 5º inventou un xogo chamado "Os Soldados", moi entretido e divertido para aproveirar os tempo de lecer. Ollade!!
Noela de 5º propón empregar un xogo tradicional coma é "Pedra, papel, tesoira" doutro xeito. Unha divertida actividade para os tempos de lecer. Ollade!!
O alumnado de 5º, da man de Lía Enríquez, propón "Gatos Xemelgos" como unha posibilidade de xogo para o patio e os tempos de lecer.
O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de pasar unha tarde moi divertida co CLUB de PETANCA de Bandeira grazas ao proxecto XOGADE "Coñece o teu club".
XOGADE é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma,
Os nenos e nenas dende 4º de Primaria ata 6º participaron nesta iniciativa onde viviron momentos moi emocionantes, divertidos e levaron unha que outra alegría. Aquí deixamos un pequeno resumo!!
No blog da Área de Educación Física: "Xogando na escola", atoparás propostas e recursos para entreterte os días que tes que estar na casa
Hoxe tivemos a visita de Ramiro Agra, o avó de Rosalía e Candela. Estivo na Radio Garabullo contando un montón de curiosidades do Peón, un xoguete moi valorado polos rapaces e rapazas desta escola. O mellor de todo a sorpresa que nos deu cun peón tallado a man por el. Fermoso!!!
Escoitade e veredes canto aprendedes!!
O Recinto Feiral Semana Verde, foi o escenario da Fase Zonal Terra do Deza de Campo a Través en idade escolar, na que participaron cerca de 800 alumnos de Rodeiro, Agolada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Dozón. A proba organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Pino contou ca presenza de todos os colexios da zona, no que se encontraban os alumnos e alumnas de segundo a sexto do noso colexio. O cross comenzou ás 10:30 e a entrega de medallas tivo lugar pasado o mediodía. Todos os participantes foron agasallados con bizcocho e chocolate pola organización, nunha xornada rodeada de gran ambiente e deportividade!!
(Na imaxe pódedes ver a Uxía, Luam, Jaime, Reina Esther e Alba que foron os gañadores do noso cole)
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |