Actividades

COREOGRAFÍA CRUEL FILOSOFÍA

A vindeira semana celebraremos o "Día das Letras Galegas". Homenaxearemos a nosa artista Luísa Villalta cun baile creado polo alumnado de 3º. Aquí deixamos o vídeo para que todos e todas os que queirades o vaiades aprendendo.

 

PLANTACIÓN DE PENSAMENTOS

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Os nenos e nenas homenaxearon a nosa poetisa cun fermoso festival onde combinaron recitado de versos, bailes, cancións e incluso algunha arenga. Non podedes deixar de velo!

Tamén como xa vén sendo tradición cada aula plantou pensamentos, flor preferida de Rosalía, para decorar as fiestras da Biblioteca e o acceso a infantil.

FESTIVAL DE NADAL 2023

Gustouvos o Festival? Temos uns nenos e nenas que son uns artistas! Sabemos que non estivemos todos e todas os que queríamos estar, e... por iso, deixamos aquí os vídeos do festival para que os podades gozar coa familia ao completo. FELIZ NADAL A TODOS E TODAS!! 

APERTURA DO FESTIVAL con 5º e 6º: "All I want for Christmas is you" 

  

INFANTIL: Natillas de Nadal

1º de Primaria: A luz que nace en ti

2º de Primaria: " A Maxia de Nadal

 

3º de Primaria: Santa Claus is coming to town

4º de primaria: We are the world

 

4º de Primaria: Marcha turca

 

5º de primaria: Ai de min!

 

6º de Primaria: Navidad

 

CARTAS DE NADAL

O pasado xoves, os nenos e nenas do cole xuntámonos para escribir os nosos desexos de Nadal, os pequenos axudados polos maiores e todos e todas compartindo emocións e ilusións de Nadal. Foi unha fermosa xornada que rematou cun riquísimo chocolate. Aquí tedes un resumo dun día marabilloso. Aproveitamos para desexarvos un moi Feliz Nadal e Feliz Aninovo!!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

O pasado xoves 23 de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía de Castro". As actividades foron moitas e variadas dende a visualización dunha biografía da escritora, a creación propia de chapas ou a plantación de pensamentos, a flor preferida de Rosalía.

Entre todas as aulas fixemos unha flor que adorna a entrada do cole coma símbolo do amor da poeta pola Natureza. Os máis pequenos fixeron unha composición que mesturaba palabras de emoción, sentimento, natureza coa imaxe que nos evocaba; e sempre con Rosalía de fondo. Os maiores empregaron para a súa composición un poema de Rosalía e crearon un propio empregando 4 palabras que escolleran de dito poema. Coma sempre a foto de Rosalía presidindo todas as composicións. Aquí temos o resumo dun fermoso día.

 

CARTAS DE NADAL 2022

A maxia do Nadal comeza cando, dentro dun cole coma o noso, pequenos e maiores mestúranse para escribir as súas "Cartas de Nadal". Os nosos nenos e nenas agardan ver os agasallos que piden, asegurando bo comportamento e boas notas. Nós compartimos este momento tan fermoso onde a ilusión enche as nosas aulas e a entrada do cole. FELIZ NADAL FAMILIAS!!

SAMAÍN 2022

Agora que o Samaín rematou tócanos contarvos o que aquí pasou. Aproveitamos unha semana de medo, diversión, invetigación e aprendizaxe para converter a nosa Biblioteca nunha "Biblio Ruta do Monte Viso", xa que descubrimos que preto de Santiago está o Monte Viso. Un monte que recrea nos seus camiños figuras de seres fabulosos da mitoloxía oral galega. Nós seleccionamos aqueles que máis nos gustaron e os interpretamos coma sabemos. Este foi o resultado:

Toda a nosa investigación quedou recollida nun documento na bilioteca e se queredes saber máis picade na imaxe  da mostra das lecturas de "Samaín". Lecturas que viñan aderezadas de monstruos, fantasía, cabazas, pantasmas e meigas.

E para rematar deixamos o que máis vos gusta: As nosas fotos en grupo o "Día de Samaín"

 

Decorando a nosa bicicleta Solidaria

 O alumnado do Ceip Ramón de Valenzuela sumanse a iniciativa da Fundación “Migrano de Arena de Lalín” decorando unha bicicleta solidaria que estará exposta no Centro Comercial Pontiñas xunto a moitas doutros coles da zona para concenciar e promover esta boa iniciativa.

A Asociación Cultural Recycling é unha asociación galega que loita pola igualdade de oportunidades dos nenos e nenas de comunidades africanas, como Marrocos ou Guinea Bissau.

O seu obxectivo é mellorar as condicións de vida destes nenos e nenas mediante a recollida e transporte de diferentes tipos de materiais. Entre elas, destaca a figura da bicicleta, á que lle damos unha segunda vida a través da súa restauración e doamos a países onde axudan a facer as distancias máis curtas, mellorando a calidade de vida dos membros da súa comunidade.

Visualiza o video para ver o noso traballo.

 

8M Celebración do día da Muller

Deixámovos aquí unha pequena mostra dos actos realizados para a celebración do Día da Muller Traballadora pola comunidade escolar do Ceip Ramón de Valenzuela. Coma sempre estamos moi orgullosos de sermos unha comunidade que reivindica a total igualdade de mulleres e homes, e de que o noso alumnado vaia criando os alicerces dun mundo futuro igualitario e solidario.

Exposición das Mulleres Bravas e Loitadoras dentro do Proxecto de Centro FORTES coma ÁRBORES.

 

Mural feito coas fotos de todo o alumnado do noso Centro.

 

 

Video onde se mostra como entenden o día 8 de Marzo os nenos e nenas de 2º de Primaria e a nosa dedicación a María Tarsy Carballas. Edafóloga, coidadora dos solos dos montes.

Entroido 2022

Deixámovos un pequeno video do Entroido do CEIP Ramón de Valenzuela. Disfutade tanto como o fixemos nós!!!

Powered by Drupal - Design by artinet