Actividades

Plantando Pensamentos - Día de Rosalía

Caldo da Gloria

Hoxe Rosalía tomou vida no noso Centro. Un dos lugares que máis nos sorprendeu causando moito interese o noso alumnado, foi no comedor. As letras fixeron a nosa comida máis entretida. Este caldo a gloria puido facerse grazas a aportación destes manteis polo Concello de Silleda.

Día de Rosalia 2022

Hoxe día 23 de Febreiro celebramos o día de ROSALÍA DE CASTRO.

No Ceip Ramón de Valenzuela non quixemonos perder a oportunidade de celebrar este cumpreanos tan importante e preparamos unha chea de actividades para conmemorar este fermoso día.

Estade atentos e pouco a pouco iredes coñecendo todo o que fixemos...

Deixámovos o video elaborado por todo o Equipo da Bilioteca e EDLG, un gran traballo de todo o colexio onde percorremos a vida de Rosalía.

 

Cociñando no Entroido

lambecazolas de Lucía Louzao

Entroido 2022

entroido de Lucía Louzao

A amizade luce por San Valentín

Para conmemorar o Día de San Valentín o alumnado de Educación infantil e Primaria compartiron mensaxes  e tamén pequenos agasallos para reforzar a Amizade e o Compañerismo. Visualiza o video e disfruta deste gran día no CEIP Ramón de Valenzuela.

 

30 de Xaneiro Día Internacional da NON violencia e da Paz

Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro) todo o alumnado do Centro ,infantil e primaria, participou en varias actividades. Entre todos elaboramos unha árbore con ramaxe de CORAZÓNS,  neles cada alumno/a expresou os seus desexos ou lemas en relación co coidado do medio ambiente e así o noso aporte de paz co entorno que nos rodea, en relación co proxecto anual de centro “Fortes coma as árbores”.

 

Tamén confeccionamos unhas pombas de papiroflexia que penduramos de ramas colgadas do teito da entrada do centro.

 

Outra das actividades na que se implicou todo o centro foi a decoración, o longo de toda a semana, de mandalas de flores para compoñer o símbolo da Paz en grande.

 

Ao longo da vindeira semana continuaremos a celebrar o Día da Paz con Lecturas pola Paz e tamén traballando coa canción” ECOLOXISTAS” de Mamá Cabra.

Resumo Cartas de Nadal 2021

Magosto

Un ano máis o CEIP Ramón de Valenzuela celebra o seu tradicional Magosto.

 

Unha maña cargada de sopresas que comezou coa disputa da carreira, onde puidemos ver o gran estado de forma do noso alumnado que disfrutou cada metro co apoio dos seus compañeiros/as.

 

Feito o esforzó tocaba repoñer forzas disfrutando das castañas feitas por Mejuto.

 

Ao final da mañá tocou a entrega de medallas e recoller o agasallo de recordo pola participación na actividade que consistía nunha chapa diseñada por un neno do colexio.

 (Marisa facendo entrega da medalla aún dos participantes)

 

 

 (Agasallo alumnado diseñado por Adrián de 6º curso)

 

Magosto 2021

12 novembro magosto de toni ensa

Powered by Drupal - Design by artinet