Inglés

SEMANA 8 DE XUÑO: TRABALLO PARA O ALUMNADO SEN CONEXIÓN

Vamos a pola vindeira semana de traballo!! Moito ánimo rapacxs! Xa non queda nadiña. 

Déixovos nos arquivos adxuntos os documentos de traballo para a semana do 8 de xuño.

 

Unha aperta enorme!

SEMANA 1 DE XUÑO: TRABALLO PARA O ALUMADO SEN CONEXIÓN

Hello everybody! How are you today? 

Agardo que, coma sempre, esteades moi ben. Aquí vos deixo o traballo para esta semana. Moito ánimo que xa non queda nada!

 

Unha aperta!

SEMANA 25 DE MAIO: TRABALLO PARA O ALUMNADO SEN CONEXIÓN

Hello everyone! Como estades? 

Agardo que moi ben agora que xa podemos saír un pouco máis, e disfrutar do sol, da primavera... 

 

Nos arquivos adxuntos deixo o traballo desta semana. 

 

Unha aperta moi grande para todas e todos vós!

SEMANA 18 DE MAIO: TRABALLO PARA O ALUMNADO SEN CONEXIÓN

Boas a todas e todos! Como estades? Aquí vos deixo o traballo para o alumnado sen conexión desta semana. Agardo que vos entreteña!

 

Biquiños a todxs!

Tarefas de inglés para o alumnado sen conexión a Google Classroom

Bo día, familias!

Quedan uns pequenos arquivos PDF para todas aquelas familias que por diferentes motivos non conseguisen conectarse a Google Classroom. 

Son para enviar semanalmente. Podedes enviarme fotos ao meu correo electrónico: lucialouzaobrey@gmail.com

 

Unha gran aperta a todxs!

GOOGLE CLASS, COMEZAMOS?

Estimadas familias:

Como xa vos indiquei nos emails que vos enviei, vouvos propoñer que usemos unha ferramenta que nos vai permitir estar máis preto e nos vai facilitar o traballo nestes días. Trátase de GOOGLE CLASSROOM, unha aplicación de google na que se poden subir os mesmos contidos ca no blog e, no caso de actividades interactivas, ver como o fan xs pequenxs sen que vós teñades que enviarme nada a maiores. Algúns de vós comentástesme que non erades capaces de enviarme as fichas interactivas e así solucionamos ese problema.

Xa vos engadín eu a cada un de vós, coas contas de correo que facilitastes ao centro a comezos de curso. Nalgún caso mesmo se fixeron rectificacións.

Por favor, AVISÁDEME SE NON RECIBISTES O CORREO NA VOSA CONTA OU PRECISADES QUE VOLA ENVÍE A OUTRA DIRECCIÓN. ESCRIBÍDEME A lucialouzaobrey@gmail.com, que é a conta que uso para xestionar a clase.

Por se vos queredes inscribir vós mesmos, aquí vos deixo o procedemento:

1º: Entrar en https://classroom.google.com/

2º: Iniciades sesión cunha conta de correo electrónico que teñades xa (de gmail); se queredes podedes facer unha conta para o alumno/a, pero non é necesario.

3º: en “crear una clase” o “unirse a una clase” (no signo +), elixides “unirse a una clase” e insertamos o código da clase correspondente.

 

Códigos para cada unha das clases:

Infantil CODIGO: h5vbm2i

1º CÓDIGO: ym5id7j

2º CÓDIGO: fu3et5p

3º CÓDIGO: ujpqxwn

4º CÓDIGO: fws63bw

5º CÓDIGO: galtmdm

6º CÓDIGO: e3ekbs4

 

Bicos e apertas a todxs e moito ánimo a todas as familias!

Teacher Lucía. 

 

 

 

 

Ola a todas e todos! Xa podedes ir ao blog para acceder ás propostas de traballo desta semana. Facede click na imaxe!

Un bico enorme a todos! 

Teacher Lucía. 

 

 

_________________________________________

Ola a todx, alumnxs! Agardo que todo vaia o mellor posible tanto para vós como para as vosas familias.

Está xa o blog actualizado coas actividades para esta semana. Podedes facer click AQUÍ para acceder ao mesmo. 

A huge kiss!

 ___________________________________________

Ola a todas e todos! Como estades? 

Temos blog de Inglés! As actividades para esta semana están accesibles alí, repartidas por cursos, desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Agardo que vos guste; está feito para todxs vós! Podedes acceder desde a tablet, ordenador ou móbil, aínda que algúns dos contidos que vos propoño só están dispoñibles co uso do ordenador, como é o caso dos xogos. 

Botádelle un ollo clicando en BLOG DE INGLÉS

Bicos e apertas a todxs!

Teacher Lucía. 

 

 

______________________

Que tal estades todas e todos? Agardo que vos estedes portando ben na casa, colaborando para que os días pasen máis rápido e axudando no que vos piden. 

Nesta entrada poderedes atopar traballo para estas dúas semanas. Tedes traballo todos os cursos, desde 1º ata 6º. En cada documento aparecen, distribuídos por datas, os traballos (fichas, cancións, xogos, películas...) que poderedes realizar. En todos os documentos aparecen enlaces (en azul e subliñados) para que cliquedes encima deles e xa vos leva á páxina web indicada. As fichas, como xa vos indico ao comezo, podedes imprimilas (de dispoñer dunha impresora na casa) ou facelas nun folio ou libreta.

Unha aperta a todxs! Bótasevos de menos. 

Calquera dúbida que teñades, contactademe no email: lucialouzaobrey@edu.xunta.es

 

Vémonos pronto, 

 

Teacher Lucía. 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

violencia de xénero

 

Máis información no Blog da Biblioteca.

OFERTA EDUCATIVA CEIP DE BANDEIRA

 

Novidades do curso 2013/2014 no CEIP de Bandeira

 Programa de Acompañamento Escolar en Lingua Estranxeira (Inglés):

Este curso, o CEIP de Bandeira volve a ofertar a posibilidade de mellorar a competencia comunicativa nas destrezas orais do alumnado en lingua inglesa. Como novidade, comezarase no mes de outubro para reforzar tamén o traballo académico da área.

Esta actividade desenvolverase en horario de 16:10h. ata 17:10h. os luns e xoves para o alumnado do 2º nivel do 3º ciclo de Educación Primaria. 

 

 

WE ARE IN TOUCH!

Good afternoon girls and boys! 

How are you doing?

Agardo que esteades aproveitando o tempo. 

Se tedes calquera dúbida, aquí vos deixo o meu email para o que precisedes: lucialouzaobrey@edu.xunta.es

 

Un HUG enorme para todas e todos vós!

PEACE DAY

"Orellas de Bobloreta"

A bilingual adaptation of the tale made by all the students to commemorate the "Peace Day". We hope you like it.

 

Powered by Drupal - Design by artinet