GOOGLE CLASS, COMEZAMOS?

Estimadas familias:

Como xa vos indiquei nos emails que vos enviei, vouvos propoñer que usemos unha ferramenta que nos vai permitir estar máis preto e nos vai facilitar o traballo nestes días. Trátase de GOOGLE CLASSROOM, unha aplicación de google na que se poden subir os mesmos contidos ca no blog e, no caso de actividades interactivas, ver como o fan xs pequenxs sen que vós teñades que enviarme nada a maiores. Algúns de vós comentástesme que non erades capaces de enviarme as fichas interactivas e así solucionamos ese problema.

Xa vos engadín eu a cada un de vós, coas contas de correo que facilitastes ao centro a comezos de curso. Nalgún caso mesmo se fixeron rectificacións.

Por favor, AVISÁDEME SE NON RECIBISTES O CORREO NA VOSA CONTA OU PRECISADES QUE VOLA ENVÍE A OUTRA DIRECCIÓN. ESCRIBÍDEME A lucialouzaobrey@gmail.com, que é a conta que uso para xestionar a clase.

Por se vos queredes inscribir vós mesmos, aquí vos deixo o procedemento:

1º: Entrar en https://classroom.google.com/

2º: Iniciades sesión cunha conta de correo electrónico que teñades xa (de gmail); se queredes podedes facer unha conta para o alumno/a, pero non é necesario.

3º: en “crear una clase” o “unirse a una clase” (no signo +), elixides “unirse a una clase” e insertamos o código da clase correspondente.

 

Códigos para cada unha das clases:

Infantil CODIGO: h5vbm2i

1º CÓDIGO: ym5id7j

2º CÓDIGO: fu3et5p

3º CÓDIGO: ujpqxwn

4º CÓDIGO: fws63bw

5º CÓDIGO: galtmdm

6º CÓDIGO: e3ekbs4

 

Bicos e apertas a todxs e moito ánimo a todas as familias!

Teacher Lucía. 

 

 

 

 

Ola a todas e todos! Xa podedes ir ao blog para acceder ás propostas de traballo desta semana. Facede click na imaxe!

Un bico enorme a todos! 

Teacher Lucía. 

 

 

_________________________________________

Ola a todx, alumnxs! Agardo que todo vaia o mellor posible tanto para vós como para as vosas familias.

Está xa o blog actualizado coas actividades para esta semana. Podedes facer click AQUÍ para acceder ao mesmo. 

A huge kiss!

 ___________________________________________

Ola a todas e todos! Como estades? 

Temos blog de Inglés! As actividades para esta semana están accesibles alí, repartidas por cursos, desde Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Agardo que vos guste; está feito para todxs vós! Podedes acceder desde a tablet, ordenador ou móbil, aínda que algúns dos contidos que vos propoño só están dispoñibles co uso do ordenador, como é o caso dos xogos. 

Botádelle un ollo clicando en BLOG DE INGLÉS

Bicos e apertas a todxs!

Teacher Lucía. 

 

 

______________________

Que tal estades todas e todos? Agardo que vos estedes portando ben na casa, colaborando para que os días pasen máis rápido e axudando no que vos piden. 

Nesta entrada poderedes atopar traballo para estas dúas semanas. Tedes traballo todos os cursos, desde 1º ata 6º. En cada documento aparecen, distribuídos por datas, os traballos (fichas, cancións, xogos, películas...) que poderedes realizar. En todos os documentos aparecen enlaces (en azul e subliñados) para que cliquedes encima deles e xa vos leva á páxina web indicada. As fichas, como xa vos indico ao comezo, podedes imprimilas (de dispoñer dunha impresora na casa) ou facelas nun folio ou libreta.

Unha aperta a todxs! Bótasevos de menos. 

Calquera dúbida que teñades, contactademe no email: lucialouzaobrey@edu.xunta.es

 

Vémonos pronto, 

 

Teacher Lucía. 

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES 1º.pdf1.24 MB
ACTIVIDADES 2º.pdf1.19 MB
ACTIVIDADES 3º.pdf1.39 MB
ACTIVIDADES 4º.pdf1.55 MB
ACTIVIDADES 5º.pdf1.92 MB
ACTIVIDADES 6º.pdf1.49 MB

Powered by Drupal - Design by artinet