CEIP Ramón de Valenzuela

O ALUMNADO DO CENTRO VISITA AO CONCELLO

O alumnado de quinto e sexto do colexio visitou as instalacións do Concello, onde en cada un dos departamentos lle deron unha pequena explicación da función que realizaba cada un deles. 

 

A guinda do pastel foi o pleno infantil onde os nosos nenos e nenas tiveron a oportunidade de ser concelleiros e concelleiras por un día e poder realizar diferentes propostas as temáticas establecidas na orde do día.

 

FORMACIÓN FAMILIAS

Estimadas familas: O vindeiro venres 10 de maio ás 20:00 horas terá lugar no Salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín unha actividade formativa para as familias a cargo da prestixiosa divulgadora Eva Millet, co título "Sobrepotexer é desprotexer". E o luns 13 de maio ás 20:00 contaremos con José Luís Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima que nos falará como hai que perseverar para acadar os obxectivos que nos propoñamos como familia. Estas actividades  son totalmente gratuitas.

BECAS NEAE 2024-2025

PREZADAS FAMILIAS, ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BECAS NEAE PARA O CURSO 2024-2025, DENDE O 30 DE ABRIL ATA O 13 DE SETEMBRO.


Preme para máis información

COREOGRAFÍA CRUEL FILOSOFÍA

A vindeira semana celebraremos o "Día das Letras Galegas". Homenaxearemos a nosa artista Luísa Villalta cun baile creado polo alumnado de 3º. Aquí deixamos o vídeo para que todos e todas os que queirades o vaiades aprendendo.

 

CONVIVIMOS 2 de maio de 2024

O 2 de maio conmemoramos o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".

Neste  curso escolar, o alumnado de 2º de primaria fai fincapé nesta data promovendo pautas para unha boa convivencia e para evitar situacións non favorecedoras. Amósanlle a todo o colexio un decálogo a ter en conta e tamén unha pequena historia coa que reflexionar: "A historia de punto"
Botádelle un ollo!!
 

LIBROS QUE ALIMENTAN

Durante a Semana do Libro o alumnado do cole participou nun intercambio simbólico de alimentos non perecedeiros por contos (libros froito do expurgo da Biblioteca). Os alimentos recollidos foron entregados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Picade na imaxe e podedes acceder á información ampliada no Blog da Biblioteca.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2024/25

Está publicada a listaxe provisional de admitidos para o curso 2024/25 e non admitidos.

Podedes consultala:

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Poderáse formular reclamación do 26 de abril ao 3 de maio (ambos inclusive)

 

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIACIÓN DO AUTISMO

O alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela celebrou o pasado martes 2 de Abril o día mundial da concienciación do Autismo, organizada polo colectivo AUPA Deza.

Os nenos/as posaron cunhas gafas no photocall, montado na entrada do Centro, co que se pretendía dar visibilidade e familiarizalos coa diversidade e coas persoas con trastorno do espectro autista.

Aquí tedes resultado desta boa inicitiva!

 

EXPERIMENTOS COA AUGA POR 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de infantil estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon. O seu traballo rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa creación dun Lapbook e moitísimos aprendizaxes. Picade na foto e poderedes ver os seus experimentos e o seu traballo.

Powered by Drupal - Design by artinet