CEIP Ramón de Valenzuela

Os riscos de seguridade nas novas texnoloxías

O pasado 17 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Este Ciclo de sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos.

MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro celebramos no cole "O Magosto". Ademais de comer castañas, tamén compartimos xogos tradicionais e pasámolo xenial. Queredes ver algunhas fotiños?

 

SAMAÍN 2022

Agora que o Samaín rematou tócanos contarvos o que aquí pasou. Aproveitamos unha semana de medo, diversión, invetigación e aprendizaxe para converter a nosa Biblioteca nunha "Biblio Ruta do Monte Viso", xa que descubrimos que preto de Santiago está o Monte Viso. Un monte que recrea nos seus camiños figuras de seres fabulosos da mitoloxía oral galega. Nós seleccionamos aqueles que máis nos gustaron e os interpretamos coma sabemos. Este foi o resultado:

Toda a nosa investigación quedou recollida nun documento na bilioteca e se queredes saber máis picade na imaxe  da mostra das lecturas de "Samaín". Lecturas que viñan aderezadas de monstruos, fantasía, cabazas, pantasmas e meigas.

E para rematar deixamos o que máis vos gusta: As nosas fotos en grupo o "Día de Samaín"

 

Plan Proxecta. Proxecto TERRA

O pasado 2 de novembro os alumnos de 3º e 4º de E.Primaria participaron nunha actividade do Plan Proxecta, levado a cabo pola Sociedade Cooperativa Galega Miudiño.

 

 

 

A través desta actividade fixemos unha reflexión sobre o noso patio e coñecimos patios un pouco diferentes o noso. Tamén debuxamos e/ou escribimos como sería o noso patio ideal, e o puxemos en coñecemento dos nosos compañeiros... se cadra os mestres tomaron nota e temos algunha sorpresiña.

 

 

 

Menús Novembro e Decembro

Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Entornos

Un ano máis O Plan Director desenvólvese no noso Centro. Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil imparten charlas para promover a seguridade e a prevención ao alumnado de quinto e sexto de primaria e da ESO. Realízanse baixo cinco temáticas: riscos en Internet, acoso escolar, bandas xuvenís, drogas e violencia de xénero.

 

Hoxe celebrouse a primeira das charlas dun ciclo que disfrutarán o alumnado de quinto e sexto de primaria do noso Centro.  O sarxento Dapena da Guardia Civil realizou unha conferencia onde tratou  consecuencias do acoso escolar en quen o sofre, así como a responsabilidade de todos para denuncialo e combatelo.

O próximo xoves 17 de novembro disfrutaremos dunha nova experiencia co tema  “Os riscos de Internet”, co paso da pandemia o uso de Internet incrementouse entre a mocidade e considérase necesario alertar dos riscos que supón o seu uso.

 

LAMBECAZOLAS POLO SAMAÍN

O Samaín rematou pero o outono aínda está a chamar ás nosas portas. Non deixedes de enviar receitas e fotos dos grandes manxares que facedes cos vosos nenos e nenas nesta época. (Na foto vedes a Leo de infantil que fixo biscoito e tortiñas de cabaza). Aproveitade os froitos do outono para seguir mandando máis recetas. Estamos agardando por elas. E se queredes ver algunha das que foron chegando premede na imaxe e xa veredes cantos manxares preparamos...

Día das bibliotecas escolares

 
 
 
O pasado Luns 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, e... Sabedes porque adicamos un día especial ás Bibliotecas Escolares? 

Pois porque as bibliotecas escolares son moi importantes, xa que son as únicas bibliotecas polas que pasa toda a xente en idade escolar do noso pobo.

E nós temos a gran sorte de ter a nosa biblioteca, A biblioteca Xosé López Casal, pola que pasaron moitos dos nosos pais, nais, familiares e moitos compañeir@s e amig@s.

Por iso, aproveitando esta data, 24 de Outubro, preparamos unha pequena homenaxe a nosa Biblioteca e moitas sorpresas... Estade atentos o blogue da biblioteca e nosa web.

 

Samaín

Pagamento do Servizo do Comedor Escolar

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo (en papel ou por Abalar),deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, sendo este o prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes. Os métodos para efectuar o pagamento son 3:

1.  Pagamento a través da web ABALAR (MOI ACONSELLABLE) descargue o PDF adxunto na noticia.

2- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda: 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. https://ovt.atriga.gal/

* Ruta:cidadáns-pago telemático de taxas e prezos- iniciar (acceso libre) á taxa- iniciar tramitación electrónica - introducir os datos da taxa (recollidos no papel de pago) - intro ducir os datos indentificativos do pagador - pago telemático - selección do método de pago.

3- Pagamento presencial nas entidades bancarias. 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria,deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet