CEIP Ramón de Valenzuela

Día NON Lectivo

 Queridas familias,

Lembrámosvos que o próximo LUNS 16 de MAIO será NON LECTIVO no noso Centro.

O MÉRCORES 18 retomaranse as clases con regularidade.

Un saúdo
A Dirección

 

 

A semana do Libro

 Aínda que a Semana do Libro queda atrás, para nós aínda está presente. O pasado xoves tivemos a sorte de contar coa visita de Xosé Luna e Charo Golmar dous grandes poetas da nosa contorna. Con Luchi ilustradora de contos e antiga alumna desta escola e con Manoele de Felisa que ten o don de coller un poema e darlle vida coa súa guitarra.

Despois de tanto tempo separados pola pandemia foi un acto fermoso e entrañable que abreu a nosa imaxinación e a creatividade.

De momento deixamos un pequeno vídeo dun día que xa non esqueceremos.

 

 

Semana do Libro estivo marcada pola elaboración de varias actividades nos diferentes cursos: vídeos, recitados, programas de radio, caligramas, composicións plásticas, e mesmo a edición dun libro propio! Se queredes disfrutar de todo este traballo invitámosvos a que os pasedes polo Blog da Biblioteca premendo na imaxe do noso Hall.

Aberto o prazo para o campamento de verán

A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este venres día 29 o prazo de inscrición para o campamento de verán,  que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro.

As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o venres e ata o 20 de de maio, como data límite.

Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.

O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal). Os nenos e nenas que xa estén participando no Servizo Lúdico deberán de presentar documentación distinta das novas altas que se den para o verán.

NOVA NORMATIVA DE AVALIACIÓN PARAS AS ETAPAS DE ED. PRIMARIA

  • Con data do 11 de febreiro publicouse no DOG a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e do bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 

 

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica hoxe na súa web un documento titulado Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo. Preme na ligazón para acceder o contido [ligazón].

Decorando a nosa bicicleta Solidaria

 O alumnado do Ceip Ramón de Valenzuela sumanse a iniciativa da Fundación “Migrano de Arena de Lalín” decorando unha bicicleta solidaria que estará exposta no Centro Comercial Pontiñas xunto a moitas doutros coles da zona para concenciar e promover esta boa iniciativa.

A Asociación Cultural Recycling é unha asociación galega que loita pola igualdade de oportunidades dos nenos e nenas de comunidades africanas, como Marrocos ou Guinea Bissau.

O seu obxectivo é mellorar as condicións de vida destes nenos e nenas mediante a recollida e transporte de diferentes tipos de materiais. Entre elas, destaca a figura da bicicleta, á que lle damos unha segunda vida a través da súa restauración e doamos a países onde axudan a facer as distancias máis curtas, mellorando a calidade de vida dos membros da súa comunidade.

Visualiza o video para ver o noso traballo.

 

Escola de familias

Arranca unha nova edición do  programa da Escola de familias que se vai a desenvolver neste trimestre e no que toda a comunidade educativa está convidada a participar.
 
 
O programa consta dun ciclo de conferencias e talleres combinando as modalidades online e presencial.
 
A programación, impartida por Acrofam, tendrá carácter trimestral e ten como obxectivo aclarar as dúbidas e ofrecer consellos a pais no manexo de diferentes situacións.
 
Descarga o arquivo adxunto a noticia para obter máis información.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23

 Admisión alumnado de nova incorporación : Do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Nos documentos adxuntos poden acceder á información necesaria para o proceso de admisión.

COÑECE O NOSO CENTRO

 

En anos anteriores, o CEIP RAMÓN DE VALENZUELA, organizaba unha serie de xornadas de portas abertas, con anterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, para que as familias interesadas puidesen coñecer o Proxecto Educativo do Centro e as súas instalacións. Este ano, como o anterior, o contexto  da COVID-19, ten por obxecto crear contornas escolares saudables seguras, polo que o obxectivo prioritario do noso centro agora mesmo, é protexer, previr e minimizar no máximo posible o risco de contaxio por Covid-19 para todo membro da Comunidade Educativa.

                Por todo isto, preparamos un pequeno geniality para que as familias interesadas poidades coñecer o noso centro, e así, facervos unha idea sobre as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve.

                Con todo, se teñen algunha dúbida ou precisan máis información, poden chamar, en horario de 09:20 a 13:00h da mañá, ao número 886 15 17 18, dirixíndose a calquera dos membros do Equipo Directivo, que está a vosa enteira disposición.

Un cordial saúdo. O Equipo Directivo.

 

A Deputación convoca para o sábado 19 a xornada de retirada de “Basuraleza” en Silleda ao abeiro do proxecto Libera

A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova xornada de retirada de “basuraleza” ao abeiro do Proxecto Libera, a primeira deste ano 2022, no marco da campaña “1m2 polos ríos, embalses e pantanos”, que se desenvolverá o sábado 19 deste mes de marzo na contorna da Ponte da Taboada (Silleda). As persoas voluntarias interesadas en participar nesta actividade, que conta cun máximo de 20 prazas, poden inscribirse xa a través do formulario que atoparán na web  da institución provincial (https://www.depo.gal/es/-/proxecto-libera).

1m2 polos ríos, embalses e pantanos” é unha das iniciativas anuais do Proxecto Libera como eixo vertebrador das asociacións, empresas, entidades e persoas concienciadas na loita contra a basuraleza en centos de espazos naturais de toda España. O obxectivo é liberar lixo dos espazos, pero tamén tipificar e caracterizar o tipo de residuos recollidos nestes puntos mediante unha metodoloxía estandarizada e coa axuda de aplicacións móbiles. Deste xeito, os rexistros do “barómetro da basuraleza” incorpóranse ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a fin de coñecer a cantidade, volume e tipo de lixo recollido nas distintas zonas. Desde a súa posta en marcha, o Proxecto Libera, iniciativa de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, mobilizou xa a máis de 90.000 persoas e colaborou con máis de 15.000 organizacións e colectivos.

A actividade en Silleda durará dúas horas e ás persoas voluntarias facilitaráselle o material necesario: luvas, bolsas de distintas cores para segregar os residuos.  Hai que destacar que o Proxecto Libera traballa a través de todas as súas accións para axudar a conseguir cinco dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Máis polo miúdo, contribúe á Educación de Calidade (ODS 4), á Acción polo Clima (13); Vida submarina (14); Vida dos ecosistemas (15) e Alianzas para lograr os Obxectivos (17).

Powered by Drupal - Design by artinet