Libros de Texto

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na Orde do 6 de maio de 2021 

Destinatarios: 

- Fondo libros: alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: do 24 de maio ao 18 de xuño de 2021.

Documentación a presentar se procede:

  • Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
  1. Certificado ou volante de convivencia.
  2. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A renda a ter en conta é a do ano 2019.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica ou presencialmente no centro de 09:30 h a 13:00h no horario de secretaría.

Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

Está aberto o prazo das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21. (DOG nº 96 do martes, 19 de maio de 2020). 

- Libros de texto e material escolar (1º e 2º Educación Primaria )

- Fondo Solidario de libros de texto e material escolar (3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria )

Prazo de presentación das solicitudes ( Anexo I, Anexo II, e orixinal e copia do libro de familia), do día 20 de maio ao 19 xuño inclusive.

Horario de atención ao público: De 9:30 a 13:00 horas na secretaría do centro.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

Publicación da listaxe definitiva de Fondo Libros para o vindeiro curso 2019/20. Ver arquivo adxunto.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Publicación da listaxe provisional de Fondo Libros para o vindeiro curso 2019/20.Ver arquivo adxunto.

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/20

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se voncocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria.

(Máis información nos ficheiros adxuntos)

 

axudas e fondo libros

Powered by Drupal - Design by artinet