2º Educación Primaria

CONVIVIMOS 2 de maio de 2024

O 2 de maio conmemoramos o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".

Neste  curso escolar, o alumnado de 2º de primaria fai fincapé nesta data promovendo pautas para unha boa convivencia e para evitar situacións non favorecedoras. Amósanlle a todo o colexio un decálogo a ter en conta e tamén unha pequena historia coa que reflexionar: "A historia de punto"
Botádelle un ollo!!
 

Preparados para o último trimestre?

  Despois de Pascua e de dar a benvida á primavera toca empezar de novo. Antes repasaremos algunhas das últimas actividades baixo a banda sonora de "Óscar tiene frío", lido polos nenos...  Vamos pois a polo último trimestre!

FLECHA.png

2º E.P. - COMEZO 2024

PINCHADE ABAIXO E VEREDES UN RESUMO DAS ACTIVIDADES DA PRIMEIRA PARTE DO TRIMESTRE

COMEZO 2024

RESUMO PRIMEIRO TRIMESTRE, CURSO 2023/24

 

 

UNHA VEZ REMATADO O PRIMEIRO TRIMESTRE, TOCA EMPEZAR UN NOVO ANO REVISANDO ALGÚNS MOMENTIÑOS DO ANTERIOR... FAI CLIC NA ESTRELA PARA VELOS. 

 

FELIZ ANO NOVO 2024!

 

SAMAGOSTO 2º

 

BO CURSO 2023-24!

AQUÍ TEDES UN RESUMO DA PRIMEIRA FESTA DESTE TRIMESTRE.

 

SON UNS NENOS E NENAS TERROFÍCAMENTE ADORABLES!

 

MOITAS GRAZAS POR COLABORAR COS SOMBREIROS.

REMATANDO UN TRAMO DO CAMIÑO. 1º E 2º DE PRIMARIA, DOS ANOS 2019 A 2021.

 

IMOS REMATANDO 2º E, Á VEZ, DOUS CURSOS "DIFERENTES" QUE NOS SERVIRON PARA INICIARNOS NA PRIMARIA.

QUEDA PARA TODOS UNHA PEQUENA MOSTRA DESTES ANOS, INCLUÍNDO ESPECIALMENTE AS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO EN RELACIÓN CO PROXECTO DO "CAMIÑO". PARA VELO PREMEDE NA IMAXE.

UN GRAN SAÚDO PARA TODOS E BO CAMIÑO!

7 de Abril día mundial da saúde

O Día Mundial da Saúde xorde no 1948, cando na Primeira Asamblea Mundial da Saúde se propón celebrar esta data para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Desde 1950, todos os 7 de abril celebramos esta data, a cal se centra cada ano nunha temática de saúde de relevancia para a comunidade internacional.

 

En 2020, o Día Mundial da Saúde sorprendeunos no medio do estrito encerro decretado na maioría dos países do mundo, debido á grave pandemia COVID-19.

En 2021, e con tempo para reflexionar, a Organización Mundial da Saúde fai fincapé nas desigualdades que existen e que condenan á enfermidade ás poboacións máis pobres.

O lema do Día Mundial da Saúde 2021 é: "Construír un mundo máis xusto e saudable".

Esta reivindicación é máis importante ca nunca no actual contexto que vivimos por mor da crise da COVID-19. 

Dende o CEIP Ramón de Valenzuela, unímonos á celebración desta data e reivindicamos e agradecemos a importante labor de todos e todas as profesionais que traballan pola nosa saúde e que son fundamentais para acadar o obxectivo de desenvolvemento sostible número 3 da Axenda 2030, isto é  «garantir unha vida sa e promover o benestar para todos e todas a calquera idade».

O alumnado de segundo de Educación Primaria traballou esta conmemoración coa axuda de dúas nais do alumnado deste curso, neste pequeno video podedes ver o gran traballo feito!!!

 

CURSO 2020-2021

 

FAMILIAS, TEMOS UN NOVO LIBRO DIXITAL ACTUALIZADO.

 Ó DARCHE Á FRECHA PODEREDES VER COMO IMOS ORGANIZANDO A MATERIA.

 SO TEN CARÁCTER INFORMATIVO E DE APOIO.

 UN SAÚDO. CRISTINA V.G.

 

 

 

 

Traballo para a semana do 8 ao 12 de Xuño

Descarga o archivo adxunto para acceder ao plan de traballo correspondente á semana do 8 ao 12 de Xuño.

O traballo deberá ser devolto o seguinte correo susovilla@edu.xunta.es ben de forma diaria ou todo xunto antes do Domingo 14 de Xuño.

Calquera dúbida que teñades poñédevos en contacto conmigo mediante o correo eléctrónico.

Un saúdo

Jesús

Traballo para a semana do 1 ao 5 de Xuño

Descarga o archivo adxunto para acceder ao plan de traballo correspondente á semana do 1 ao 5 de Xuño.

O traballo deberá ser devolto o seguinte correo susovilla@edu.xunta.es ben de forma diaria ou todo xunto antes do Domingo 7 de Xuño.

Calquera dúbida que teñades poñédevos en contacto conmigo mediante o correo eléctrónico.

Un saúdo

Jesús

Powered by Drupal - Design by artinet