Comedor

Menús comedor novembro e decembro

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE DE COMEDOR CORRESPONDENTE AO CURSO 2023-24

Nos arquivos adxuntos está toda a información relativa á solicitude do servizo complementario de comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2023/24.

* As autodeclaracións entregaranse na secretaría do centro entre o 4 e o 6 de xullo en horario de 9:30 a 13:00h.

Menús comedor Abril a Xuño

Menús Novembro e Decembro

Pagamento do Servizo do Comedor Escolar

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo (en papel ou por Abalar),deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, sendo este o prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes. Os métodos para efectuar o pagamento son 3:

1.  Pagamento a través da web ABALAR (MOI ACONSELLABLE) descargue o PDF adxunto na noticia.

2- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda: 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. https://ovt.atriga.gal/

* Ruta:cidadáns-pago telemático de taxas e prezos- iniciar (acceso libre) á taxa- iniciar tramitación electrónica - introducir os datos da taxa (recollidos no papel de pago) - intro ducir os datos indentificativos do pagador - pago telemático - selección do método de pago.

3- Pagamento presencial nas entidades bancarias. 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria,deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet