blogue demarga

Laura de 1º e Lucía de 4º de Infantil con "GALLETAS DE NADAL"

Temos moitas receitas que están a chegar. Unhas das máis variadas e divertidas de facer son as galletas,  coma estas "Galletas de Nadal" que nos propoñen Laura e Lucía. Que pintaza!!

 

Hugo de 5º de Infantil con "GALLETAS DE MANTEQUILLAª

Que queredes de merenda polo Nadal? Hugo de 5º de infantil propón "Galletas de mantequilla". Unha idea estupenda para divertirse facéndoas e decorándoas e despois... A comelas!!

 

Noa de 4º "TARTA DE TURRÓN"

Que tal unha estupenda "Tarta de Turrón" para as Festas de Nadal? Noa de 4º tróuxonos esta receita!!

 

Mariña de 4º "Churros polo Nadal"

Chega o Nadal!! E Mariña de 4º tráenos unha estupenda receita de "Churros" para as merendar as tardes frías de Nadal. Teñen unha pintaza estupenda!!

 

Hugo de 4º de infantil "Bica de Cabaza"

Cantas cousas sabedes facer coas cabazas!! Aquí temos a Hugo de 4º de infantil, que só con 3 aniños vai co seu tractor a polas cabazas e fixo esta bica tan rica "Bica de Cabaza".

 

LAMBECAZOLAS POLO SAMAÍN

O Samaín rematou pero o outono aínda está a chamar ás nosas portas. Non deixedes de enviar receitas e fotos dos grandes manxares que facedes cos vosos nenos e nenas nesta época. (Na foto vedes a Leo de infantil que fixo biscoito e tortiñas de cabaza). Aproveitade os froitos do outono para seguir mandando máis recetas. Estamos agardando por elas. E se queredes ver algunha das que foron chegando premede na imaxe e xa veredes cantos manxares preparamos...

Brais de 5º de infantil "Torta de cabaciña"

Este Samaín quedamos convencidos que desta fornada vai saír algún ou algunha reposteira ou cociñeira. Ollade que tarde tan divertida pasou Brais facendo un "Biscoito de Cabaciña"... E que rico lle sabe!!

 

 

Daniela de 3º de Primaria e Florentino de 4º de infantil fan "Pasteliños de cabaza"

Os nenos e nenas deste cole traballan moito durante o Samaín. Hoxe Daniela e Florentino preséntannos a súas receitas de "Pasteliños de cabaza" que teñen unha pintaza... Xa nos contou un paxariño que algúns nenos e nenas de 3º os probaron e estaban riquísimos!!

 

María Fe de 4º "Torta de Cabaza"

María Fe de 4º traballou moito onte á tarde para recomendarnos unha "Torta de Cabaza" para este Samaín. Non deixeles de imitala. Ten unha pintaza estupenda!!

Mariña 3º "Crema de Cabaza"

Mariña de 3º aproveitou unha noitiña de chuvia e tormenta para preparar unha cremiña de cabaza que ten unha pintaza. Ademais aínda garda algunha pequena sorpresa para a sobremesa.

Powered by Drupal - Design by artinet