blogue demarga

Henar de 2º "Biscoito de cabaza e noces"

Hoxe é Henar quen fixo un Biscoito de cabaza e noces que de seguro estaba boísimo!!

 

Antía de 5º e Paula de 6º de infantil presentan "Tortiñas de Cabaza"

Facer postres de cabaza é super divertido. Antía e a súa irmá Paulan fixeron "Tortiñas de cabaza". Se xa o pasaban ben cando empezaron non vos perdades o ben que o pasaron cando remataron comendo esas riquísimas tortiñas...

 

José de 1º Biscoito de Cabaza

José de 1º moi serio e responsable fai coa súa nai un riquísimo Biscoito de Cabaza. Que pintaza ten!!

Carmen de 2º de Primaria e Elena de 5º de infantil "Galletas oscuritas"

Carmen de 2º de primaria e Elena de 5º de infantil propoñen a realización dunhas "Galletas oscuritas". Se queredes saber como son non deixedes de ollar o vídeo, e se as facedes traede a proba....

Sabela de 2º "Flan de Cabaza"

Gústavos o flan? Sabela de 2º invítanos a facer un Flan de cabaza. Xa sabedes que se o flan está ben feito ten que tremer tanto coma nós en Samaín.

Laura 6º de Infantil "Torta de cabaza con noces"

Non vos perdades esta receita de Laura de 6º de infantil que coa súa curmá fai unha receita divertidísima: Torta de cabaza e noces. De seguro que está tan boa como ben o pasaron elas facéndoa. 

 

Noa de 3º "Madalenas de Cabaza"

Noa de 3º proponnos un almorzo ou merenda ideal. Xa estou desexando probar as súas Madalenas de Cabaza. Traerá a mostra ao cole?

Martín de 2º con Empanadillas de Cabaza

Martín de 2º invítanos a aprender a facer de xeito sinxelo unhas fantásticas empanadillas de cabaza. Que ricas!!

MARTÍN de 1º "0 MEU BISCOITO DE SAMAÍN"

Martín de 1º moi feliz e moi veloz envía esta divertida receita. Animádesvos a intentalo?

Powered by Drupal - Design by artinet