Actividades

Revive a experiencia dos nosos compañeros/as na TVG

Non te lembraches de que esta semana saíamos na TVG? Quedaches coas ganas de volver a velos?

Non pasa nada!!! Dende a nosa web, dámosche a oportunidade de que revivas as veces que queiras os programas dos nosos compañeiros/as, no concurso "Coma un Allo".

Simplemente preme nas imaxes e disfruta do ben que o pasaron! 

MARTÍN

 

 

ANA

 

TANIA

 

JORGE

 

DANTE

Festival de Nadal 2019

Aquí tendes un petisco para ir abrindo boca das actuacións realizadas o pasado venres 20 de decembro.

 

FELICES FESTAS!!!

A Comunidade Educativa  do CEIP Ramón de Valenzuela deséxalles unhas Boas Festas!!!

 

Coma un allo

Non vos podedes perder o programa da TVG "COMA UN ALLO" onde participan os nosos compañeiros de quinto de educación primaria. Fano moi ben! Así que esperámosvos do 23 ao 27 de decembro pegados á voso televisor de 15:45-16:30. Animádevos a ver se vos tamén acertades as respostas!

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe os nenos e nenas de 6º de infantil foron á radio da escola a falar do Festival de Nadal que imos a celebrar o vindeiro venres. Xa sabemos que haberá música, bailes, unha fantástica Cabalgata e de postre... escoitade o que estes nenos e nenas saben.

 

 

CANCIÓN DE NADAL

Os nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria compuxeron e interpretaron, coa axuda da profe de música, unha panxoliña coa que aproveitamos para felicitarvos o Nadal.

 

 

Concurso de Nadal

Un ano máis o Centro Comercial de Ocio Gadis  acolle o xa tradicional concurso de árbores de Nadal. Este ano o noso centro participou adornando unha fermosa árbore con material de refugallo. Agora precisamos da vosa axuda! Acude o Centro Comercial Pontiñas en Lalín e VOTA POLO NOSO CENTRO!!!!

(Para votar online preme na imaxe e dalle a me gusta)

Cartas de Reis

Un ano máis celebramos no Ceip Ramón de Valenzuela o tradicional día de Reis. Nesta xornada festiva os nenos maiores do centro axudan os máis pequenos a escribir as súas cartas que logo depositan no Buzón Real. Co traballo xa feito disfrutan dunha boa chocolatada na mellor compaña !!!

 

CHOCOLATE DE REIS

Mañá é un día especial na escola. É o día de escribirlle a carta aos Reis Magos e, despois de botalas na caixa do correo, celebralo cun chocolate con churros. Así o contan os nenos e nenas de 5º de infantil.

 

"Coma un allo" TVG

Xa podedes acceder a un pequeno resumo da experiencia vivida polos  nen@s de quinto de primaria no programa " Coma un allo" da TVG edición infantil que se emitirá no próximo Nadal na semana do 23 o 27 de Decembro!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet