Actividades

Entroido 2021

Neste ano especial dende o cole gozamos do Entroido con varias actividades. Convertímonos en caminantes que chegan a Santiago, nas aulas divertímonos cos disfraces de cada compañeiro/a e tamén asistimos dende as fiestras do cole o "Alto dos xenerais".

No seguinte video podedes ver o alumnado do centro disfrazado e gozando do Entroido.

 

 

 

"Alto dos xenerais"

Un ano máis, o noso cole, tivo a oportunidade de disfrutar do Entroido de Bandeira coas arengas do "Alto dos xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un gran esforzo dos nenos e mestres. A canteira dos xenerais do Ulla segue máis viva que nunca en tempos máis que complicados para correr o entroido. Estade atentos a nosa Web xa que subiremos todo o acontecido esta mañá.  Non perdades a oportunidade e que VIVA o ENTROIDO!!!!

(Martín esta mañá diante dos compañeiros do CEIP Ramón de Valenzuela)

 

(Representantes do "Alto dos xerenais 2021")

Cartas de Nadal

Samaín no CEIP Ramón de Valenzuela

Pulseiras Terroríficas

Este ano o alumnado de Educación Infantil  realizou unha pequena manualidade para conmemorar a festividade do Samaín. Preme no video e non te perdas o bo traballo que fixeron!!!.

 

Samaín 2020

Actividades EDLG

Esta semana, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  convidámosvos a escoitar uns contiños e a disfrutar cuns xogos.

 

 

 

 

 

 

XOGOS

 

 

 

E tamén, comunicámosvos que acaba de sair un concurso Infantil chamado “Primavera das Letras”, patrocinado pola empresa Feiraco e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde poderedes enviar os traballos dxs vosxs fillxs dende 3-12 anos ata o 31 de Maio. Toda a info sobre o mesmo tédela na seguinte ligazón:

 

 

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0112.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal (concurso Primavera das Letras)

Letras galegas 2020 Ricardo Carvalho Calero

Nesta semana, rematamos co Día das Letras Galegas. Por este motivo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto ao equipo da Biblioteca, convídavos a disfrutar dunha serie de recursos divertidos en torno ao escritor homenaxeado deste ano.

Xa veredes como aprendedes moito do gran Ricardo Carvalho Calero.

XOGOS:

 

 

 

 

 

 

POEMAS/MÚSICA:

 

 

 

OUTROS RECURSOS:

SEMINARIO GALÁN

 

REAL ACADEMIA GALEGA

 

O PORTAL DA XUNTA DE GALICIA

Ahí ven o Maio co EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, neste mes das Letras Galegas, invítavxs a que comecedes o mes de Maio con este poema tan famoso e fermoso de Curros Enríquez. No que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza.

Este proxecto musical, que une ás voces da lingua galega, invítavxs a disfrutar ao ritmo de rumba con influencias da música tropical.

 

 

Produción do Consello da Cultura Galega

Intérpretes: Pablo Lesuit, Faia Díaz, Narci Rodríguez, Najla Shami, Eladio Santos,

Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw

Letra: Manuel Curros Enriquez

Composición musical: Nastasia Zürcher e Adrián Saavedra

Arranxo e Produción Musical: Adrián Saavedra

Montaxe de vídeo: Jairo Moreno

 

Lambecazolas

" Se a cociñar nos queres ensinar, as bases do Lambecazolas tes que mirar"

 (Preme na imaxe para acceder a documentación)

Powered by Drupal - Design by artinet