Actividades

"Alto dos xenerais"

Un ano máis, o noso cole, tivo a oportunidade de disfrutar dun anticipo do Entroido de Bandeira coas arengas do "Alto dos xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un gran esforzo, e que terá a súa recompensa o sábado 22 de febreiro no parque de Bandeira. Non perdades a oportunidade de velo en directo!!!!

(Isaac esta tarde frente os compañeiros do CEIP Ramón de Valenzuela)

(Representantes do "Alto dos xerenais 2020")

Disfraces do Entroido

As portas das nosas aulas xa escolleron o seu disfrad!!! Ti xa sabes de que vas vir? Lembrade que o próximo Venres 21 de febreiro poderás vir disfrazado ao colexio, ese día celebraremos un desfile (sen concurso), disfrutaremos das actuacións que temos preparadas e como non do Gran Baile do Entroido!!!

(Aula de 6º de Primaria)

IV Encontros Escolares do Entroido

Un ano máis o noso centro participa nos Encontros Escolares do Entroido organizado polos colexios e institutos da zona (CEIP Nosa Señora da Piedade, IES Marco Camballón, Ceip Cerdiñas, Ceip de Merza e o Ceip Ramón de Valenzuela) coa colaboración do Concello de Silleda o Concello de Vila de Cruces e a Asociación Vello dos Cornos. Esta nova edición que xa cumpre a IV xuntaza, organizarase maña Xoves 20 de Febreiro ás 10:30 no Auditorio Municipal de Vila de Cruces e particiaparán os alumnos/as de 6º de primaria do noso cole.

Chegou o Entroido o Ceip Ramón de Valenzuela

Chegou o Entroido o Ceip  Ramón de Valenzuela!!! Damos comezo a unha semana chea de actividades onde vos seredes os grandes protagonistas, estade atentos as nosas redes sociais que os teremos ven informados!!! E que viva o Entroido!!!!

(Imaxe do noso Hall adornado cas caretas feitas polo alumnado do noso centro)

 

Deporte escolar

Este pasado martes celebrouse, no Polideportivo de Silleda, unha nova xornada de deporte escolar onde os protagonistas desta nova convivencia foron os nenos e nenas de 3º e 4º. Ao longo de toda mañá disputáronse varios partidos de fútbol sala, reinando a deportividade e o bo ambiente nas gradas.

Iriña Bailarina 31-1-2020

Xa podedes acceder a un pequeno resumo da nosa sáida ao auditorio para ver a obra Iriña Bailarina coa que rematamos as Xornadas pola Paz.

Ecovoz 2020

Xa podedes acceder aún pequeno resumo da experiencia dos nosos compañaeiros/as de sexto no programa "Ecovoz" onte nos estudos de Lalín.

 

30 de xaneiro dia mundial da Non Volencia e a Paz

Hoxe día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e Non Violencia no noso centro. Cada neno/a elaborou e decorou unha pomba na que lle dedicou a un compañeiro/a unha fermosa mensaxe.

 

Podedes ver no noso hall a exposición delas

 

Visitounos o avó de Rosalía e Candela

Hoxe tivemos a visita de Ramiro Agra, o avó de Rosalía e Candela. Estivo na Radio Garabullo contando un montón de curiosidades do Peón, un xoguete moi valorado polos rapaces e rapazas desta escola. O mellor de todo a sorpresa que nos deu cun peón tallado a  man por el. Fermoso!!!

Escoitade e veredes canto aprendedes!!

Charla Urbaser

Hoxe contamos coa visita de URBASER, nunha actividade en colaboración con Concello de Silleda que leva por título "Un novo ciclo de vida para o lixo" na que aprendemos a importancia de RECICLAR correctamente e dos beneficios que obtemos do lixo.

Grazas a esta formación temos un novo punto de investigación dentro do proxecto "Desplastifícate" que estamos a desenvolver neste curso.

 

Powered by Drupal - Design by artinet