DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

O pasado xoves 23 de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía de Castro". As actividades foron moitas e variadas dende a visualización dunha biografía da escritora, a creación propia de chapas ou a plantación de pensamentos, a flor preferida de Rosalía.

Entre todas as aulas fixemos unha flor que adorna a entrada do cole coma símbolo do amor da poeta pola Natureza. Os máis pequenos fixeron unha composición que mesturaba palabras de emoción, sentimento, natureza coa imaxe que nos evocaba; e sempre con Rosalía de fondo. Os maiores empregaron para a súa composición un poema de Rosalía e crearon un propio empregando 4 palabras que escolleran de dito poema. Coma sempre a foto de Rosalía presidindo todas as composicións. Aquí temos o resumo dun fermoso día.

 

Powered by Drupal - Design by artinet