Ola meus numerosos!!
Xa estamos a piques de rematar o curso!! Hoxe colgamos as últimas tarefas desta etapa!!
Aínda así seguiremos en contacto ó longo destas dúas semanas para intercambiar tarefas feitas e tarefas corrixidas, así que seguide traballando e preguntade calquera dúbida que teñades.
Non esquezades revisar as propostas dos especialistas e do Equipo de Orientacion.
Sodes un grupo moi especial. Traballade moito e demostrade todo o que valedes.
Lembrade que o verán é moi longo e non deixedes de seguir traballando un pouquiño ó voso ritmo. Sempre podedes atopar ideas voltando a revisar as propostas que colgaron os especialistas ou indo ó voso Blog. Outra idea é entrar nas actividades propostas polo Equipo de Orientación cheas de xogos matemáticos, de lecturas, de xogos de palabras,... adaptadas a todas as idades.
Pasade un marabilloso verán!!
Moitos bicos e apertas "Meus Numerosos"