3º Educación Primaria

TAREFA para o MARTES 28 de Abril

Ola numerosos!!! Moito traballo? Ganas de bo tempo para saír algo máis? Veña ánimo que queda menos!!

O traballo de hoxe!!

 


TAREFA para o LUNS 27 de Abril

Ola!! Que tal? Houbo paseo? Xa me contaredes nas tarefas que mando para hoxe. Lembrade mandarme por correo ou teléfono o que estades a facer. Encántame saber de vós.

Moito ánimo!!

TAREFA para o VENRES 24 de Abril

Ola!! Xa estou aquí outra vez para as tarefas que vos propoño para o VENRES 24.

Son todas no Blog se isto supón un problema non dubidedes en dicirmo.

Biquiños!!

Marga

SOLUCIÓN DAS TAREFAS DOS DÍAS 22 E 23 DE ABRIL

Ola!! Xa podedes consultar os resultados do voso traballo nos arquivos que vos mando. Lembrade que son dous. 

Non esquezades comentarme calquera dúbida ou problema

TAREFA para o XOVES 23 de Abril

Ola rapaces!! Feliz Día do Libro!! Que tal? Todo ben!!

Pois se queredes traballar un pouquiño aquí tedes a tarefa de hoxe!!

Moito ánimo

Marga

TAREFA para o MÉRCORES 22 de Abril

Ola rapazada!! Aquí tedes as tarefas para mañá.

Moito ánimo e estamos en contacto.

Un biquiño a todos e todas!!

Marga

 

Lambecazolas

" Se a cociñar nos queres ensinar, as bases do Lambecazolas tes que mirar"

 (Preme na imaxe para acceder a documentación)

SOLUCIÓN DAS TAREFAS DOS DÍAS 20 E 21 DE ABRIL

Que tal? Moi difíciles as tarefas? Aquí deixo unha pequena axuda para corrixir os exercicios cando rematedes!!

Moito ánimo!!

Marga

TAREFA PARA OS DÍAS LUNS 20 E MARTES 21

Ola chicos e chicas!!

Aquí deixo a tarefa para hoxe luns e mañá martes. O mércores colgarei as solucións e poñerei un horario que vos dirixirá ás distintas actividades. Explicareivos pouco a pouco. Polo de pronto hoxe e mañá seguimos coma sempre.

Moitos bicos 

Marga

DIGICRAFT

Ola rapazada!! Como xa imaxinades o proxecto DIGICRAFT quedou parado nesta etapa de corentena. Seguiremos co apartado de  Intelixencia artificial e robótica cando volvamos as aulas. Así todo a  xente que leva este proxecto non quería deixar ese oco de DIGIRAFT no voso horario e púxose en contacto cos mestres que participaban no proxecto para que vos informaran de que podedes acceder a DIGICRAFT na seguinte dirección web: https://digicraft.fundacionvodafone.es/ e Hai actividades propostas tanto para alumnado coma para as familias, e hainas para distintas idades e con distintos niveis de dificultade. Fedellade na páxina e quen sabe? Quizais á volta sodes vós os que nos ensinades un montón de cousas!!

 

Unha aperta rapazada e moito ánimo!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet