3º Educación Primaria

Tarefa para os días mércores 14, xoves 15 e venres 16

Ola rapazada!! Que tal estades? Traballades moito? Xa sabedes que agardo impaciente que me mandedes mostras do voso traballo.

Hoxe mando tarefa para esta semana. Empeza cada día co horario e as propostas de traballo para cada área. A continuación poderedes ver as páxinas do libro das que falamos. Tamén hai despois de cada proposta dun vídeo un enlace para ir a ese vídeo-

En cada páxina podedes ver que na parte superior tedes o nome do cole, o voso curso e un enlace ao voso Blog (se picades nel podedes entrar directamente no Blog)

En valores aparece un vídeo e unha ficha que non hai que imprimir pódese facer nun caderno, ou nun folio e podedes enviarme unha foto ou o podes facelo ao teu xeito no correo  e mo envías.

Lembrade mandarme mostras do que estades a facer. Váleme que sexan fotos, vídeos ou audios. Tamén podedes aconsellar páxinas interesantes para os vosos compañeiros e compañeiras ou exercicios ou xogos que topedes na rede e que eu podo compartir con todos no Blog.

Dende a biblioteca piden que enviemos fotos recomendando o voso conto preferido ou un vídeo. Pídeno en todos os cursos e con todo o que chegue farase un vídeo e colgarase na páxina web do cole e no Blog da Biblioteca.

Dende a radio piden que enviedes audios contando como pasades a corentena: Que facedes, vídeos que vedes, series, as vosas rutinas, con quen pasades a corentena,... Cos audios que cheguen colabórase co novo programa de radio “Xuntos nas Ondas” que foi emitido pola vosa compañeira Silvia de 6º o pasado domingo. Animádevos e mandádeme un audio ao whatsapp.

Picade en adxuntos para ver a vosa tarefa. Non dubidedes en preguntarme as dúbidas. Agardo moito os vosos traballos. Lembrade a miña conta de correo: margafailde@gmail.com

Un bico enorme meus meniños!!!

Tarea para o día 14 de abril (4º primaria)

Descarga o archivo adxunto para acceder ao plan de traballo correspondente ao 14 de abril

Un saúdo

Marga

Tareas correspondentes á semana do 30 de marzo ao 3 de abril (4º de primaria)

Descarga o archivo adxunto para acceder ao plan de traballo correspondente á semana do 30 de marzo ao 3 de abril.

Un saúdo

Carol

Traballo correspondente a semana do 23 o 28 de marzo

 Descarga o archivo adxunto para acceder o plan de traballo corresponde a semana do 23 o 28 de marzo.

Un sáudo Carol.

OS NUMEROSOS

Ola rapazada de 4º. Xa hai tempo que falamos de facer un blog: "Os Numerosos"

Aquí o tedes con actividades interactivas seleccionadas por materias para que repasedes os contidos que estades a traballar do libro. Premede na vosa foto ou no nome do Blog e xa podedes comezar a traballar.

Moito ánimo!! Pronto nos veremos!!

 

Traballo correspondente a semana do 16 o 18 de marzo

Descarga o archivo adxunto para acceder o plan de traballo corresponde a semana do 16 o 18 de marzo.

Un sáudo Carol.

Lambecazolas

" Se a cociñar nos queres ensinar, as bases do Lambecazolas tes que mirar"

 (Preme na imaxe para acceder a documentación)

OUTROS BICHOS

MÁIS BICHOS

BICHOS

VELAQUÍ OS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA, ANIMÁDEVOS A FACELOS É MOI SINXELO,

POÑEDE A TRABALLAR A VOSA CREATIVIDADE!

Powered by Drupal - Design by artinet