CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na

Orde do 29 de abril de 2022 .

Destinatarios: 

- Fondo libros: alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

Documentación a presentar se procede:

  • Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
  1. Certificado ou volante de convivencia.
  2. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A renda a ter en conta é a do ano 2020.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica ou presencialmente no centro de 09:30 h a 13:00h no horario de secretaría.

Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II

 

Powered by Drupal - Design by artinet