Curso 2021-22

Magosto 2021

12 novembro magosto de toni ensa

Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Entornos

O Plan Director desenvólvese durante o curso escolar a petición dos centros educativos. Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil imparten charlas para promover a seguridade e a prevención ao alumnado de quinto e sexto de primaria e da ESO. Realízanse baixo cinco temáticas: riscos en Internet, acoso escolar, bandas xuvenís, drogas e violencia de xénero.

 

Onte celebrouse a primeira das charlas dun ciclo que disfrutarán o alumnado de quinto e sexto de primaria do noso Centro.  O sarxento Dapena da Guardia Civil realizou unha conferencia onde tratou  consecuencias do acoso escolar en quen o sofre, así como a responsabilidade de todos para denuncialo e combatelo.

 

 

O próximo martes disfrutaremos dunha nova experiencia co tema  “Os riscos de Internet”, pois en tempos de pandemia o uso de Internet incrementouse entre a mocidade e considérase necesario alertar dos riscos que supón o seu uso.

 

 

 

Menú mes de novembro

Samaín 2021

Cabazas Samaín 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, e... Sabedes porque adicamos un día especial ás Bibliotecas Escolares? 

Pois porque as bibliotecas escolares son moi importantes, xa que son as únicas bibliotecas polas que pasa toda a xente en idade escolar do noso pobo.

E nós temos a gran sorte de ter a nosa biblioteca, a Devesa, pola que pasaron moitos dos nosos pais, nais, familiares e moitos compañeir@s e amig@s.

Por iso, aproveitando esta data, hoxe lúns, preparamos unha pequena homenaxe a nosa Biblioteca e moitas sorpresas... Estade atentos o blogue da biblioteca e nosa web.

Sesión formativa: Acollemento familiar e protección de menores

O 29 de outubro celebrarase en Silleda unha sesión formativa para profesionais e persoas interesadas no acollemento familiar e na protección de menores. Será no centro social, de 10:00 a 14:00, organizado polo Concello dentro do convenio de colaboración co colectivo Acougo. A participación é gratuíta previa inscrición no teléfono 986 592 037.

 

 

Menú mes de outubro

Powered by Drupal - Design by artinet