Blog

ENTREVISTA A ANPA Brincadeira en RADIO GARABULLO

Hoxe 3 de marzo tivemos a visita da Xunta Directiva da ANPA Brincadeira para entrevistalas na Radio. Que mellor que falar coas nosas mulleres nesta semana, chea de actividades, onde a muller é a protagonista.

"Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"

Lembrade que hoxe teremos unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"  da man de Rosalía e Brais. Podedes escoitar os podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!!

 

 

Lecturas pola PAZ!!

Comeza un ano máis a xa tradicional actividade de "Lecturas para a PAZ" con IMAGINE. O alumnado de quinto foi o encargado de dar unha visión diferente deste conto/canción de John Lennon. Dende hoxe e ata o 30 de xaneiro faremos lecturas para a PAZ durante a "Hora de ler". Remataremos este ciclo de lecturas cunha obra de teatro da que xa os daremos conta. Estade moi atentos a Web, o Blog da biblio e como non a nosa Radio Garabullo para non perderse nada!!!!

FORMACIÓN CON PONTE... NAS ONDAS!!

O pasado 17 de decembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contaron coa visita de dous membros de "Ponte... nas Ondas!! Damián e Xerardo. Foi unha xornada moi divertida e interesante onde aprendemos a importancia que ten unha boa lectura no mundo da Radio, experimentamos co Audacity para retocar pequenos erros nos nosos podcast e rematamos facendo un pequeno programa de radio en directo (sen retoques e coa creatividade do momento)

Se premedes na imaxe poderedes vivir algúns momento dunha xornada inesquecible!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet