FORMACIÓN CON PONTE... NAS ONDAS!!

O pasado 17 de decembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contaron coa visita de dous membros de "Ponte... nas Ondas!! Damián e Xerardo. Foi unha xornada moi divertida e interesante onde aprendemos a importancia que ten unha boa lectura no mundo da Radio, experimentamos co Audacity para retocar pequenos erros nos nosos podcast e rematamos facendo un pequeno programa de radio en directo (sen retoques e coa creatividade do momento)

Se premedes na imaxe poderedes vivir algúns momento dunha xornada inesquecible!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet