Proxecto TERRA

Mira o que nos rodea

O alumnado de primaria elaboru un libro con imaxes/debuxos sobre fauna e flora da nosa contorna. Aquí tedes o resultado:

Imos de excursión

Infantil adentrouse no coñecemento das abellas a traves do “Enredo do abelleir”, 1º e 2º coñeceu os pazos de Liñares e Anzuxao, e de3º a 4º coñeceu a reserva de Marcelle.

Os vermes de Seda

Este ano tivemos a sorte de ver o proceso dos gusanos de seda dende que erran pequerrechos ata que se convertiron en bolboretas.

Limpeza e acondicionamento do horto

E chegou o momento de preparar o horto! Arrancamos herbas, sachamos, e deixamos todo listo para comezar a plantación deste curso!

Visita ao Parlamento da Xunta e ao concello

No mes de Maio, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de visitar o Parlamento en Santiago (mesmo coñeceron o presidente do Parlamento) e simularon un pleno, no que varios alumnos elaboraron propostas.

Tamén visitaron o Concello, e fixeron un pleno infantil, dispoñible no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/1406

A festa das nosas letras

 

O alumnado de 4º fixo un enorme traballo sobre a biografia do autor homanexeado nas letras este ano (Luisa Villalta), con el participamos no concurso Podcast na biblio: https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/entrevista-luisa-villalta.html

Tamén fixemos un pequeño festival que rematou cun baile (coreografía creada polo alumnado de 3ºEP) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/1410

Tamén elaborouse unha nova pintada no centro co retrato de Luisa Villalta, homenaxeada este 2024 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/1409

 

Unha árbore por Europa

O concello de Silleda decidiu sumarse a campaña “Un árbol por Europa”, e nesta línea, o noso centro cedeu un espazo para plantar unha árbore autóctona como o Texo, e asi continuar en tarefas de concienciación sobre a conservación do medio ambiente.

Érica Esmorís

O pasado 9 de Maio os alumnos de 3º e 4º de EP tiveron a oportunidade de coñecer e falar coa escritora Érica Esmorís, autora dos libros que están a ler neste trimestre como son “A nena e o mar” e “Patio de luces”.

Día de Europa

O pasado 9 de Maio celebrouse o Dia de Europa, data na que se celebra a unidade e a paz en Europa. O alumnado de 6º foi elaborando ao longo do curso deferentes elementos para amosar nesta data. Murais sobre elementos da paisaxe, a multicultuuralidade de Europa atendendo a gastronomía, relixións, festividades, etc.

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/05/dia-de-europa-polo-alumnado-de-6.html

Día das artes galegas

O pasado 1 de abril celebramos o dia das Artes Galegas, este ano adicado a Francisco Asorey, e os encargados de levar a cabo esta conmemoración foron os alumnos de 3º de Primaria. Aquí tedes o material elaborado por estes fenómenos.

https://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2024/04/dia-das-artes-galegas-2024.html

Powered by Drupal - Design by artinet