Curso 2023-24

2 de Abril Día mundial da Concienciación do Autismo

O alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela celebrou o pasado martes 2 de Abril o día mundial da concienciación do Autismo, organizada polo colectivo AUPA Deza.

Os nenos/as posaron cunhas gafas no photocall, montado na entrada do Centro, co que se pretendía dar visibilidade e familiarizalos coa diversidade e coas persoas con trastorno do espectro autista.

Aquí tedes resultado desta boa inicitiva!

 

EXPERIMENTOS COA AUGA POR 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de infantil estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon. O seu traballo rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa creación dun Lapbook e moitísimos aprendizaxes. Picade na foto e poderedes ver os seus experimentos e o seu traballo.

Preparados para o último trimestre?

  Despois de Pascua e de dar a benvida á primavera toca empezar de novo. Antes repasaremos algunhas das últimas actividades baixo a banda sonora de "Óscar tiene frío", lido polos nenos...  Vamos pois a polo último trimestre!

FLECHA.png

Nina e "Os Soldados"

Nina de 5º inventou un xogo chamado "Os Soldados", moi entretido e divertido para aproveirar os tempo de lecer. Ollade!!

Noela e "Pedra, papel, tesoira"

Noela de 5º propón empregar un xogo tradicional coma é "Pedra, papel, tesoira" doutro xeito. Unha divertida actividade para os tempos de lecer. Ollade!!

 

PROCESO DE ADMISIÓN : MATRÍCULA CURSO 2024-2025

 

O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 886151718.

Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 09:30h a 13:00h, tamén se poden descargar premendo aquí: Solicitude de admisión ordinaria

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Calendario de aplicación:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 

VACANTES NO CEIP RAMÓN DE VALENZUELA PARA O CURSO 2024-2025

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

20*

5º EDUCACIÓN INFANTIL

5

6º EDUCACIÓN INFANTIL

12

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

11

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

9

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

8

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

4

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

9

 

Este cadro mostra as vacantes estimadas en base ás permanencias e matrícula actual da escola.

Poden xurdir vacantes no caso de que alumnado do colexio solicite admisión no período ordinario noutros centros educativos.

 

*Das 20 prazas ofertdas, 3 delas están reservadas para alumnado con NEAE, que, no caso de non ser demandadas, pasan a

vacantes ordinarias.

 

 

 

8M e os ESCORNABOTS

O alumnado de 5º despois de traballar na aula o 8M, decidiu facer un xogo para plasmar todo o aprendido. Achegáronse á biblioteca e empregando os recursos dos que dispoñían, decidiron facer un xogo cos ESCORNABOTS oara dar a coñecer mulleres fundamentais do noso pasado para o noso presente. Este foi o resultado (picade na imaxe):

COMETAS LITERARIAS

O pasado mércores tivemos un novo encontro de "Lectura en Familia". Unha convivencia na que colaboramos pais-nais e fillos-fillas na elaboración dunhas cometas pola Igualdade. Cometas que lanzamos e lanzaremos a voar buscando momentos de risa, igualdade, colaboración, cooperación, creatividade... coma os que vivimos o mércores da man de Andrea. Grazas a todos e todas pola vosa participación e entusiasmo.

 

GATOS XEMELGOS

O alumnado de 5º, da man de Lía Enríquez, propón "Gatos Xemelgos" como unha posibilidade de xogo para o patio e os tempos de lecer.

 

Powered by Drupal - Design by artinet