CEIP Ramón de Valenzuela

3 DE DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro foi o "Día Internacional das persoas con discapacidade". Dende o cole, grazas aos compañeiros e compañeiras de 4º, quixemos aproveitar esta conmemoración para ver máis de preto as dificultades coas que estas persoas se atopan a diario.

Recibimos a visita de usuarios e traballadores sociais de COGAMI (asociación que presta apoio ás necesidades das persoas con discapacidade, con centro en Medelo).

Foron varias as actividades que fixemos dependendo dos cursos. Así houbo: contacontos; actividades sensoriais grazas as que vivenciamos as dificultades que teñen aquelas persoas que carecen do sentido da vista, a mobilidade, etc; actividades de linguaxe signada e de braille; actividades de mobilidade reducida... Tamén falamos do seu do seu día a día, de como era o seu centro,...

Cantas cousas que non sabiamos e cantas cousas son capaces de facer!

Non esquezamos que todos e todas somos diferentes e ÚNICOS!

 

Ludoteca de Nadal

O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal unha ludoteca, en horario de mañá, para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no municipio. Esta iniciativa, que xa se estrenou hai dous anos, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo.

A ludoteca, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, contará con actividades en Silleda e na Bandeira, de luns a venres dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro, sendo o centro de actividades o pavillón deportivo César G. Fares en Silleda e o auditorio Manuel Dopazo na Bandeira.

 

O custe deste servizo é de 55 euros (45 euros no caso da asistencia do segundo irmán/á ou sucesivos).

 

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns día 20. As persoas que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592037. As prazas asignaránse por orde de inscrición.

Trátase de actividades que, á marxe do campamento de Nadal do Servizo Lúdico (que xa ten todas as prazas cubertas), fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación para as familias.

 

A OUTRA MIRADA DOS NENOS E NENAS DO CEIP RAMÓN DE VALENZUELA

Os nenos e nenas do cole uníronse para facer unha curta sobre o 25 de novembro, "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres", para demostrar que calquera aspecto da nosa vida pódese ollar doutro xeito. Sempre en positivo coas nosas lentes pola Igualdade e o Respecto.

 

Menús comedor novembro e decembro

Estamos de aniversario!!

 Ola familias!! Queremos compartir con vós algúns dos mellores momentos do cole. As celebracións de aniversarios. Xuntamos Radio Garabullo e Comedor escolar para celebrar os aniversarios do alumnado nacido nos meses de setembro e outubro e dalgunha que outra mestra.

OS alumnos de 4º foron os que aproveitaron para retomar un antigo programa de Radio Garabullo “Parabéns á hora de comer e as novas do tempo de lecer” agardamos que vos guste.

PARABÉNS !!!

 

Ciclo de charlas para familias Proxecto "Máis que un teito"

O Concello de Silleda, dende a Concellería de Benestar, está levando a cabo o Programa Ardora, de prevención de condutas aditivas. Xestionado pola Asociación Arraianas e financiado pola Consellería de Sanidade, este Programa acolle actividades nos diversos ámbitos (comunitario, educativo, familiar…).

 

Un proxectos a implementar é o denominado ‘Máis que un teito’,  co obxetivo xeral de prevención universal. Consta esta actividade de tres charlas dirixidas a familias de menores en idade escolar (infantil, primaria e secundaria) que terán lugar na Casa da Xuventude en tres xornadas distintas:

 

Denominación

Data

Contidos

A prevención das condutas aditivas na infancia e na adolescencia

Martes, 31 de outubro

Conceptos básicos

Factores de risco e factores de protección

Estratexias para a prevención de condutas aditivas

Estilos comunicativos

Martes, 14 de novembro

Conceptos básicos

Estilos comunicativos adaptados ao desenvolvemento educativo das crianzas

Estratexias para unha comunicación saudable

Resolución de conflitos

Martes, 5 de decembro

Conceptos básicos

Estratexias para afrontar os cambios no ciclo vital familiar

 

Todas as sesións serán na Casa da Xuventude. Realizaranse en dúas franxas horarias para facilitar a asistencia:

 

-          1ª convocatoria: De 12:00 a 14:00 h

 

-          2ª convocatoria: De 18:00 a 20:00 h

 

A asistencia é gratuíta pero requírese inscrición previa no teléfono 986592037 ou de xeito presencial no Centro Social de Silleda.

 

 

Suspendida a Carrerira solidaria contra a Leucemia

Queridas familas!

Ante as previsións meterolóxicas nas que dan choiva para o próximo venres 20 de Outubro, comunicarvos que se aplazará a Carreira Solidaria contra a Leucemia. Comunicarásevos a nova data cando melloren as previsións.

Moitas grazas e disculpade as molestias.

 

III Edición do concurso Ciberseguridade no cole!

O próximo 18 de outubro o alumnado de 5º e 6º de primaria participara na III Edición do concurso de Ciberseguridade no cole!

O obxectivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dunha maneira amena e divertido acorde á súa idade. 

Ciberseguridade no cole! contará de novo cunha fase en liña que será celebrada o 18 de outubro, e unha final presencial o día 3 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Na final presencial contarase coa participación da presentadora galega Esther Estévez (DígochoEU), que acompañará aos finalistas na dinamización da fase final.

Castañas que saben a medo

Powered by Drupal - Design by artinet