Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Aviso: Entrega libros del "Fondolibros".

A recollida dos libros asignados a través de "fondolibros" farase no seguinte horario:

  • 1ºESO: Mércores 11 de setembro entre as 16:00 e as 17:00
  • 2ºESO: Mércores 11 de setembro entre as 17:30 e as 18:30
  • 3ºESO: Martes 10 de setembro entre as 16:00 e as 17:00
  • 4ºESO: Martes 10 de setembro entre as 17:30 e as 18:30

A recollida dos libros debe efectuala a persoa solicitante do fondo. No caso de non poder acudir no horario asignado, poderá recoller os libros outra persoa previa presentación autorización escrita e fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante. 

En calquera caso, para a entrega dos libros da listaxe é preciso mostrar o documento identificativo da persoa que fai a recollida.

 

Aviso: Cheques de material dol fondolibros

O alumnado que ten asignados cheques de material do fondolibros poderá pasar a recollelos polas oficinas do centro a partir do día 27 de agosto e en horario de 9:00 a 14:00h.

A recollida dos cheques debe efectuala a persoa solicitante do fondo, provista dun documento identificativo (DNI ou NIE). No caso de non poder acudir no horario asignado, poderá recoller os libros outra persoa, presentando unha autorización escrita e fotocopia do DNI/NIE do solicitante.

 

 

Libros de texto no curso 2024-2025

En documentos adxuntos publícase a relación de libros de texto para o curso 2024-2025.

 

 

Contacto co centro entre o 25 de xullo e o 25 de agosto

Entre os días 25 de xullo e 25 de agosto o centro permanecerá pechado.

Para calquera trámite urxente, contactar mediante correo electrónico á dirección do centro: ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal

Os certificados entregaranse a última semana de agosto.

Fondo de libros. Publicación de listaxes

As listaxes provisionais de fondolibros serán publicadas mañá, día 12 de xullo.  Segundo a convocatoria oficial, as reclamacións das mesmas poderanse presentar os días 15 e 16 de xullo.

  • As listaxes definitivas publicaranse o día 22 de xullo.
  • A entrega de vales e de libros farase no mes de setembro. Os días concretos de entrega anunciaranse coa suficiente antelación por Abalar e na páxina web do centro

Proxectos de Tecnoloxía 2023-2024

O alumnado de 2º ESO diseñou e montou unha rampla de canicas co mecanismo manual para subir a canica ao inicio da rampla. O reto era non tocar a canica coas mans e ter unha duración de 5 segundos mínimo ata chegar a meta.

Preme este enlace para ver os vídeos realizados polo alumnado dos seus proxectos de tecnoloxía

 

      

 

Regalos polos premios do concurso Consumópolis

O centro, IES San Tomé de Frexeiro, fai entrega dun agasallo pola participación e o esforzó demostrado polo alumnado de 2º ESO 2022-2023 no concurso escolar Consumópolis 18 (1º e 2º premio autonómico e nivel 1º e 2º ESO) e alumnas de 2º ESO 2023-2024 polo concurso Consumópolis 19 polo 2º premio ganado nesta edición na súa categoría. 

Parabéns!