Curso 2020/21

Curso 2020/21

Concurso "Conocimientos Financieros" . Cuartos de final

O pasado mércores 23 de setembro  celebráronse desde  o Río Cabe  os cuartos de final do concurso “Conocimientos Financieros”, organizado pola CNMV e o Banco de España. Os protagonistas foron @s alumn@s de 1º Bac Luis, Breixo, Nina, Brais e Manuel.  Dous  representantes  do BE visitáronnos para comprobar que o concurso , retransmitido por streaming en Youtube, se desenrolaba de xeito adecuado.

O opoñente  era o IES Padre Moret Irubide, de Pamplona, que resultou ser  un duro contrincante polo que a competición foi moi reñida, pero ao final, @s nos@s alumn@s resultaron vencedores.

A semifinal celebrarase o mércores 30 de setembro ás 11:30h contra alumnado do  CPIFP Hurtado de Mendoza de Granada

Unha vez máis queremos felicitar aos rapaces e  a o seu profesor, Emilio López Mariño , polo seu traballo e esforzo  e animalos para a seguinte fase.

Ánimo e moita sorte!!!

 

 

Plan Covid - Información para as familias

No seguinte documento poden consultar información útil sobre o Plan Covid do centro

PRESENTACIÓNS E COMEZO DO CURSO NAS ENSINANZAS PARA ADULTOS

O próximo día 1 de outubro, xoves,  terán lugar as presentacións das Ensinanzas de Adultos para este curso escolar, cos seguintes horarios:

EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS

    Nivel 1/2  ……  18:30h

    Nivel 3/4 ……….18:45h

    Nas respectivas aulas.

   BACHARELATO SEMIPRESENCIAL

    1º BAC….19:00h

    2º BAC….19:15h

    Nas súas aulas.

    TÉCNICO DEPORTIVO FÚTBOL NIVEL 1….19:30h   na súa aula.

   C.S. GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS….20:00h   no salón de actos.

Comezo das clases:  5 de outubro, luns, nos horarios correspondentes.

AUTOENQUISA SÍNTOMAS COVID E DECLARACIÓNS RESPONSABLES

No seguinte enlace podedes acceder a enquisa sobre sintomatoloxía COVID. Todo o alumnado deberá realizala antes da súa chegada ao centro.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf

Diante da aparición de polo menos un dos síntomas, os proxenitores ou titores solicitarán consulta co seu médico ou pediatra e non enviarán ao alumno/a á clase. Así mesmo avisarán ao centro e poñeranse en contacto  cun  dos membros do Equipo COVID.

Podedes descargar os documentos relativos ao compromiso para realización da autoenquisa diaria Covid é obrigatorio entregalo no centro.

-Declaración responsable familias.

-Declaración responsable alumnado maior de idade.

Fondo de libros Curso 2020-21

Publicada a lista da adxudicación definitiva de libros do programa fondolibros. Pode consultala en

www.edu.xunta.es/fondolibros

 

Preguntas frecuentes na volta ás aulas

Se pinchas no seguinte enlace poderás acceder ás preguntas e respostas frecuentes relativas á volta ás aulas:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ERROS MÁIS FRECUENTES NO USO DAS MÁSCARAS

A continuación  podedes ver un vídeo onde a médica de familia Laura Lozano explica, moi visualmente, como se debe empregar unha máscara e os erros máis frecuentes no seu uso.

 

DATAS E HORAS DO COMEZO DE CURSO 20/21 DIÚRNO

 A presentación do alumnado de ESO e Bacharelato diúrno terá lugar os próximos días 23, 24 e 25 de setembro segundo a continuación se indica; a entrada e saída realizarase pola porta que cada grupo usará durante o curso;  1º , 2º de ESO e 2º BAC entrarán e sairán pola porta principal e 3º, 4º de ESO e 1º de BAC entrarán e sairán pola porta lateral (Rúa Avelino Cachafeiro).

Nos próximos días informaremos sobre a distribución do alumnado nas aulas.

As familias do alumnado de 1º ESO e 1º Bacharelato serán recibidas polo Equipo Directivo e os/as correspondentes titores/as na tarde do mércores 23 segundo o seguinte horario. Pregamos a asistencia dun único membro da familia por razóns de aforo.

 

IV Concurso "Conocimientos Financieros"

Cinco alumnos de 1º Bac do Río Cabe, LuIs Buitrón, Breixo Fernández, Nina González, Brais Rodríguez e Manuel Sánchez, liderados polo seu profesor de Economía Emilio López Mariño veñen de participar no "IV Concurso de Conocimientos Financieros" que organiza a Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España, e de clasificarse para cuartos de final tras dúas eliminatorias online.

Na primeira eliminatoria clasificáronse 32 participantes e na segunda só se clasificaron 8 centros educativos, entre eles o Cabe.

A próxima fase celebrarase de xeito virtual dende cada un dos centros escolares, o mércores 23 de setembro, a través dun circuito cerrado de televisión de forma que se atopen conectados os dous equipos participante e os membros do tribunal. O oponente d@s nos@s alumn@s será o centro Padre Moret Irubide de Pamplona, Navarra.

De parte de tod@s @s riocabenses queremos dar as grazas e felicitar ao noso alumnado e a Emilio polos éxitos obtidos, polas súas ensinanzas e apoio ano tras ano, e animalos e darlles forzas para a seguinte fase.

ÁNIMO, CAMPIÓNS!!!

DATAS DE MATRÍCULA DO CURSO 2020-2021

MATRÍCULA NO IES RÍO CABE: DO 1 AO 10 DE XULLO

Coa finalidade de evitar aglomeracións, rogamos que traian a documentación cuberta e firmada e, na medida do posible, respecten o seguinte horario para realizar a matrícula:

CURSO NO QUE SE MATRICULA

APELIDO

DATA E HORA

2º ESO

A - H

Mércores 1 de xullo

9:00 – 11:30

2º ESO

L - R

Mércores 1 de xullo

11:30 – 14:00

2º ESO

S - V

Xoves 2 de xullo

9:00 – 10:30

3º ESO

A - V

Xoves 2 de xullo

10:30 – 14:00

4º ESO

A - L

Venres 3 de xullo

9:00 – 11:30

4º ESO

M - R

Venres 3 de xullo

11:30 – 14:00

4º ESO

S – V

Luns 6 de xullo

9:00 – 10:00

1º ESO

A - J

Luns 6 de xullo

10:00 – 14:00

1º ESO

L - Z

Martes 7 de xullo

9:00 – 11:30

1º BAC – procedentes do

IES Río Cabe

-

Martes 7 de xullo

11:30 – 14:00

1º BAC – procedentes

doutros centros

-

Mércores  8 de xullo

9:00 – 14:00

2º BAC

A - F

Xoves 9 de xullo

9:00 – 11:30

2º BAC

G - P

Xoves 9 de xullo

11:30 – 14:00

2º BAC

R - W

Venres 10 de xullo

9:00 – 11:30

ENSINANZAS DE ADULTOS

De 9:00 a 14:00, calquera día.

NO CASO DE ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS, DEBERÁN RECOLLER EN SECRETARÍA O SOBRE DE MATRÍCULA ONDE ATOPARÁN A DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Distribuir contido