Educación de adultos

Visita do alumnado do CS Turismo a DAVEIGA e paseo polo Miño coa empresa Sacra Activa

O pasado 9 de xuño o alumnado do Ciclo Superior  de Turismo visitou a primeira hora da tarde as instalacións da fábrica Daveiga produtora das famosas galletas Mariñeiras, onde puidemos comprobar a aposta que fai esta sociedade pola utilización de materias  primas naturais  e de calidade.

 

A visita comezou cun percorrido polas distintas salas de elaboración  onde Suso nos explicou  todo o proceso dende a formación  inicial da masa, amasado,  cocción, selección  e posterior empaquetado.

                                                              

 

Ao rematar, Xose Lois, xerente e cofundador da empresa, falounos sobre a orixe desta idea  e a evolución no mercado ao longo destes anos. Fíxonos partícipes do seu  proxecto empresarial  da economía do social  onde os traballadores participan activamente na empresa.

Dámoslle as grazas a Daveiga pola oportunidade  de coñecer un pouco máis  a súa  empresa, baseada no aproveitamento sostible dos recursos locais, respetuosa co medio e  cunha grande resposabilidade laboral.

Seguidamente desprazámonos ao pobo de Belesar onde Martín, responsable do proxecto empresarial Sacra Activa, nos levou ao mando do seu catamarán pola Ribeira do Miño, gozando da beleza da nosa paisaxe.


Xa de volta, agasallounos cunha pequena merenda acompañada de cata na bodega Ecosacra,  un lugar de paz e tranquilidade con máis de 300 anos de antigüidade. 

 

 

Un perfecto final para un día adicado á iniciativa emprendedora na Ribeira Sacra. 

Moitas grazas  a nosa alumna Carmen de "Escapalandia" polas xestións feitas e a  Xose Lois e  Martín pola vosa  amabilidade e bo facer.

Premendo no seguinte enlace podedes acceder á Galería de fotos da saída.

 

Xornada de aprendizaxe no CLUB DEPORTIVO LUGO

O pasado mércores  día 9 de xuño os nosos alumnos  en prácticas do Nivel I Técnico Deportivo especialidade de fútbol foron invitados polo C.D. Lugo para desenrolar unha xornada de coñecemento  e aprendizaxe a carón dos entrenadores e xogadores de dito club.

 

 O día estivo estruturado da seguinte maneira:

10:00-11:30 Explicación das bases do modelo de metodoloxía desenvolto na tempada 20/21.

11:30-13:00 Realización e explicación das sesións que se realizarían pola tarde: Obxectivos  xerais e individuais e roles dos adestradores.

16:00-18:00 Visionado das sesións de Cadete División de Honra e Cadete Liga Galega.

18:00-19:30 Visionado da sesión de Infantil Liga Galega.

 

Dende o noso centro  dámoslle  as grazas ao C.D.Lugo pola xornada e o excelente trato recibido.

In search of hidden Monforte

O luns día 7 de xuño as alumnas do Ciclo superior de turismo do noso centro ( CS Guía, información e asistencia turísticas) fixeron de guías turísticas para un grupo de alumnos de 4º ESO. Toda a ruta se desenrolou en inglés. Os alumnos de secundaria non se esperaban unha visita na que non se lles falou dos lugares máis emblemáticos, típicos e coñecidos de Monforte, senón doutros  ocultos ou xa desaparecidos e cunha historia detrás. E o mellor foi que tiveron que practicar inglés e facer de detectives durante hora e media para resolver aas pistas e poder seguir o itinerario de principio a fin.

 

Todos desfrutamos moito do estupendo tour e o colofón foi degustar un rico postre tradicional chamado “vexiga” e intentar descubrir sen éxito os seus sinxelos ingredientes. Esperamos que os rapaces de 4º da ESO  aprenderan algo novo. As alumnas de Turismo e eu  agradecémoslles o seu bo comportamento, simpatía e respecto en todo momento. 

 

Unha experiencia para repetir.

 

 

 

 

 

E despois da ESA, que?

Onte pola tarde a nosa orientadora, Rocío Fernández, impartiu unha charla nos módulos 2 e 4 das ensinanzas para adultos conducentes a obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Nela explicou cales son as distintas posibilidades educativas que teñen os alumnos/as unha vez rematada esta etapa educativa.

 

Moitas grazas Rocío pola colaboración prestada!

Exames finais xuño Niveis 2 e 4 Educación Secundaria Adultos

Podes acceder as  datas e horas dos exames finais  da convocatoria ordinaria dos Niveis 2 e 4 da  Educación Secundaria para adultos se premes no seguinte enlace:

 Exames finais xuño Niveis 2/4

Calendario exames finais xuño 1º Bac/2º Bac Bacharelato semipresencial

 Se fas click no seguinte enlace poderás obter as datas e horas dos exames finais das convocatorias ordinaria/extraordinaria de 1º e 2º do Bacharelato semipresencial.

Exames finais  xuño Bac adultos

Datas exames finais Ciclo Turismo

 

Premendo no seguinte enlace poderedes acceder as datas e horas dos exames finais do C.S. Guía, información e asistencia turísticas:

Exames finais xuño, datas e horas

Visita ao Ateneo - Ciclo de Turismo

 

As perspectivas da Ribeira Sacra ante a Unesco” foi o título do acto divulgativo, celebrado no Ateneo Casino de Monforte de Lemos, que tivo como relator a Mario Crecente, coordinador da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

 

Celebrouse o venres, 23 de abril, e alí estivemos o alumnado e o profesorado do ciclo de  Turismo.

 

Ao tempo que coñecíamos a historia e as perspectivas da candidatura tivemos a oportunidade de degustar unha selección de viños de castas autóctonas da zona, comentados por Fabio de Adega Algueira.

 

Volta ao Río Cabe

Durante estas semanas, no día a día do centro, estivo con nós Alba Rodríguez, ex-alumna  que voltou ao IES Río Cabe para  cursar as prácticas do  Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. 

Aparte de coñecer a organización e funcionamento dun centro educativo, acompañar a distintos profesores e profesoras na impartición da súa práctica docente e desenrolar algunhas sesións na aula Alba prestouse a colaborar no programa de charlas  informativas  de orientación universitaria que estamos a realizar.

Grazas Alba pola túa disposición, implicación e bo talante. Foi un pracer que traballaras con nós.

Moita sorte!

 

Distribuir contido