Educación de adultos

Ciclo de Turismo: Visita ó colexio dos Padres Escolapios

 Era martes e 13… pero non ..., a data non tivo connotacións negativas para o ciclo de Turismo, todo o contrario.

Saímos a visitar o Colexio de Nosa Señora da Antiga. Facía menos de dous meses que o Consello da Xunta de Galicia o declarara BIC -Ben de Interese Cultural- na categoría de monumento e nivel de protección integral.

En Monforte de Lemos é imprescindible a visita a este conxunto monumental renacentista, tamén coñecido como Colexio dos Escolapios, expoñente do clasicismo herreriano en Galicia.

 A visita comezou na escaleira monumental para continuar percorrendo o claustro, a igrexa e a pinacoteca. Todo elo aderezado coas explicacións e a paixón da nosa ex alumna Paula.

 

   Grazas, Pau, por unha visita xenial!

 

Ciclo de turismo: Práctica de visitas guiadas

Rematamos a segunda avaliación do CS de Guías, información e asistencia turísticas con varias  prácticas de  visitas guiadas: 

        " Buscando a pegada do pasado" 

Nesta actividade Berta e Cristina propuxeron varios enigmas a resolver para atopar lugares e recursos esquecidos do pasado da cidade de Monforte de Lemos

 

“Un día cos VII Condes de Lemos”

Visita teatralizada na que viaxamos no tempo como convidados dos VII Condes de Lemos. Noelia, Paloma e Graciela fan o papel de D. Pedro Fernández de Castro, D.ª Catalina de la Cerda e do seu fiel amigo e secretario, Lope de Vega.

Acompañados de nobreza tan distinguida  percorremos o casco histórico da cidade, practicamos bailes de época e degustamos doces tradicionais.

 

“Camiñando pola historia de Lugo”

 Da man de Iago tivemos unha perspectiva da historia da cidade lucense dende a atalaia que supón o adarve da muralla romana.

 

“O camiño da nostalxia

Paula contanos que a nostalxia é un sentimento individual pero tamén pode ser colectivo. Unha cidade pode ter nostalxia do que foi.

 Neste percorrido transmítenos a nostalxia de Monforte polo seu pasado convertindoa en historia e en basamento do porvir.

 

 

    E para a próxima avaliación…..máis!!!      

 

Calendario de exames extraordinarios niveis 1 e 3 Ensino Secundario Adultos

Na primeira semana do mes de maio celebraranse os exames extraordinarios dos niveis 1 e 3 da Educación Secundaria para as persoas adultas co seguinte horario:

MÓDULO 1

ÁMBITO

DÍA

AULA

HORA

Á. Comunicación

3

004

013

18:00-19:30L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

4

004

18:00-19:30

Á. Social

5

004

18:00-19:30

Á. Comunicación (Inglés)

5

004

20:30-22:00

 

MÓDULO 3

ÁMBITO

DÍA

AULA

HORA

Á. Comunicación

3

004

013

18:00-19:30L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

4

004

18:00-19:30

Á. Social

5

004

18:00-19:30

Á. Comunicación (Inglés)

5

004

20:30-22:00

 

A entrega de boletíns será o día 6 de maio a partir das 18:00h. Aclaracións ás cualificacións ese  mesmo día ata as 20:00h. Reclamacións ás cualificacións, presentadas na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 7 e 10 de maio.

Comezo das clases nos niveis 2 e 4 do Ensino Secundario de Adultos

O próximo luns, día 8 de febreiro, iniciaranse as clases dos Niveis 2 e 4 da Educación Secundaria para adultos, seguindo os horarios que aparecen a continuación:

Horario Nivel 2

Horario Nivel 4

Datas e horas dos exames finais dos niveis I e III do Ensino Secundario para Adultos

Na primeira semana de febreiro terán lugar os exames finais dos distintos ámbitos dos niveis I e III da Educación  Secundaria para  Adultos segundo o calendario seguinte:

 MÓDULO I

ÁMBITO

DÍA

HORA

Á. Comunicación

1

18:00-19:30 L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

2

18:00-19:30

Á. Social

3

18:00-19:30

Á. Comunicación (INGLÉS)

3

20:30-22:00

 MÓDULO III

ÁMBITO

DÍA

HORA

Á. Comunicación

1

18:00-19:30 L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Científico

2

18:00-19:30

Á. Social

3

18:00-19:30

Á. Comunicación (INGLÉS)

3

20:30-22:00

 

Os exames terán lugar nas respectivas aulas.

Avaliación: día de 4 de febreiro.

Entrega de boletíns:  día 4 de febreiro a partir das 18:00h

Aclaracións ás cualificacións: ese mesmo día ata as 20:00h.

Reclamacións ás cualificacións: presentadas regulamentariamente, na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 5 e 8 de febreiro

 

As clases dos niveis II e IV comezarán o día 8 de febreiro no seu horario habitual.

Visita ó Parador de Monforte

    O ciclo de Turismo fixo,o pasado xoves,17 de decembro, unha visita ao Parador de Turismo de Monforte de Lemos coa intención de coñecer de cerca unha das ofertas aloxativas do territorio.

   Achegámonos ao Monte de San Vicente para visitar o que fora Mosteiro Benedictino de San Vicente e o Pazo dos Condes de Lemos. Na actualidade os dous forman parte do Parador de Turismo.

   Percorremos as instalacións dos dous edificios guiados pola directora do mesmo, Lilian Ferral, que se ocupou de darnos todo tipo de detalles da historia do emblemático aloxamento e tamén de facilitarnos información sobre níveis de ocupación e perfís de clientes.

 

Actividade do Ciclo de Turismo: Traballo de campo en Sober

Inventariar os principais recursos actuais e potenciais ligados á vitivinicultura en Sober foi o motivo do traballo de campo realizado polas alumnas e alumnos do CS de Guía, información e asistencia turísticas.

O xoves 23 de novembro desprazámonos a Sober para coñecer de primeira man algún dos atractivos da zona ligados ao viño e, buscando sinerxias de cara á creación de produto enoturístico, visitamos  tamén importantes elementos patrimoniais do territorio.

Haberá máis visitas e, sen dúbida, serán tan produtivas coma esta. Non podería ser doutro xeito tendo como cicerone a Paula Verao. Grazas, Paula.

 

Horario de atención alumnado e pais dos titores/as das Ensinanzas de Adultos

Na seguinte táboa atoparedes os horarios de atención para o alumnado e pais dos titores/as dos  distintos grupos das Ensinanzas de Adultos.

 

CURSO TITOR/A DÍA E HORA ATENCIÓN ALUMNADO E PAIS
 E.S.A. NIVEL 1-2 CARMEN RODRÍGUEZ ESPERANTE Luns  16:35-17:25h
 E.S.A. NIVEL 3-4 ROBERTO PÉREZ RODRÍGUEZ Martes  19:30-20:20h
1º BAC semipresencial
FE TELLADO CASTRO Mércores 12:35-13:25h
2º BAC semipresencial
FINA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ Luns 10:25-11:15h
C.S. Guía, información e asitencia turísticas
SOLEDAD GONZÁLEZ LÓPEZ Venres 18:40-19:30h
T.D. FÚTBOL NIVEL 1 CARLOS PARADA GONZÁLEZ Venres 11:45-12:35h
CAS./ GAL. ESTRANXEIROS LUISA GONZÁLEZ CASANOVA Venres 11:45-12:35h

 

Cómpre recordar que:

  • As titorías realizaranse por vía telemática fundamentalmente, ou presencial segundo as necesidades do momento.
  • As presenzas realizaranse previa cita e nos locais de recepción.
  • Para as comunicacións coas familias/alumnado empregaranse os medios telemáticas habituais (Abalar móbil, teléfono, correo electrónico).

Visita ao Pazo de Tor

O CS de Guía, información e asistencia turística acercámonos, o pasado 4 de novembro,  a  San Xoán de Tor para visitar unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, o Pazo de Tor.

Cedido á Deputación de Lugo pola última propietaria, María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, é museo, como foi a súa vontade, dende 2006.

A visita guiada polas dependencias do inmueble permitiunos  coñecer o modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.

A actividade desenvolveuse con todas as medidas sanitarias aconselladas para garantir a nosa seguridade e, por suposto, coa profesionalidade e dedicación que caracteriza aos guías deste museo.

HORARIOS ENSINANZAS DE ADULTOS 2020/2021

A continuación, facendo click no curso correspondente, podedes descargar o horario do mesmo:

 ESA I-II      ESA III-IV

 1º BAC      2º BAC

 CS Turismo

 Respecto ao horario do CUALE, as ensinanzas do idioma inglés desenvolveranse no seguinte horario:

A1

Xoves: 17:15 a 18:30 horas

Venres: 16:00 a 17:15 horas

B1

Xoves: 16:00 a 17:15 horas

Venres: 17:15 a 18:30 horas

Castelán e galego para estranxeiros:

Castelán: Mércores de 16:50 a 17:40 horas

Galego: Xoves de 16:50 a 17:40 horas

Por último, as clases do Nivel I de Fútbol impártense os Luns, Mércores e Xoves pola tarde. O Mércores os módulos correspondentes ao Bloque Común e o resto dos módulos os outros dous días da semana.

Distribuir contido