Curso 2017/18

PROBAS LIBRES FP - Convocatoria 2017/2018

Calendario para a admisión para ás probas libres segundo o establecido na Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Solicitudes:

Presentación de solicitudes :17 ao 30 de abril ata as 13:00 h

Listaxe provisional de solicitudes:  4 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional: 7 ao 9 de maio ata as 13.00 h

Listaxe definitiva de solicitudes:  15 de maio

 

Admisión e matrícula:

Listaxe de persoas adxudicadas: 15 de maio

Matriculación:  15 ao 21 de maio ata as 13.00 h

Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio ata as 13.00 h

INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO INTERESADO

Máis información na seguinte páxina web:

Alumnado admitido no Proceso de Admisión 2018/2019

A continuación poden consultarse, para cada un dos cursos, as listaxes de admitidos/as no Proceso de Admisión para ESO e Bacharelato neste centro para o curso 2018/2019:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

Para 2º BAC non se presentou ningunha solicitude de admisión e, como era previsible, todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido, salvo nalgún caso ao ter presentado máis dunha solicitude de admisión.

Probas das EOI - Alumnado CUALE 2017/2018

Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2018 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto ata o 20/04/2018, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.

Recordade que o alumnado CUALE 2017/2018 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2018.03.16_modelos_probas_eoi_galicia.pdf

 

Circular Probas EOI 2018

Boletín familiar: Medicamentos e condución

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Marzo de 2018 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos), solicitalo na UAD, consultar o seu facebook ou persoalmente a través do Telf. 982 400 495.

Xa se poden recoller os títulos coas taxas pagadas no ano 2016

Xa están dispoñibles na Secretaría do centro, para a súa retirada, os títulos pagados (con independencia de cando se finalizaron os estudos) en 2016 e outros anos anteriores.

Cando cheguen novos títulos, publicarase nesta web e comunicaráselle ao alumnado solicitante por correo postal.

A persoa interesada pode pasar a retirar o seu título provista do D.N.I.

No caso de non poder facelo persoalmente, pode autorizar a outra persoa, que deberá exhibir:

  • o seu D.N.I.,
  • un escrito de autorización, onde debe figurar o nome e apelidos da persoa autorizada xunto co seu número de D.N.I. e deberá presentarse, inescusablemente, asinada pola persoa que autoriza.
  • unha fotocopia do D.N.I. do alumno/a que autoriza a retirar o seu título.

O horario de atención da Secretaría deste centro é de Luns a Venres de 9 a 14 horas.

Probas de Acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 2018

Convocatoria das Probas de Aptitude Física para o acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física para o curso académico 2017-2018 na Universidade de Vigo e A Coruña:

Campus científicos de verán 2018, para alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato

No BOE do 15 de febreiro saen publicadas as bases da novena edición do Programa "Campus Científicos de Verano", iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Co obxectivo de potenciar o interese dos estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convocan 1.560 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios en departamentos de investigación de 13 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 1 e 28 de xullo de 2018.

Campus Científicos de Verano aposta polo fomento das vocacións científicas e, por este motivo, ofrece aos participantes a oportunidade dun contacto directo coa labor diaria dos investigadores nun ambiente universitario e multicultural, que lles axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais, os participantes nos Campus poderán gozar de actividades complementarias científico-culturais e de ocio.

O prazo para inscribirse remata o 9 de marzo ás 15:00 horas. Máis información e o formulario de inscrición o podedes atopar na páxina web do programa:

 

Premio a Miguel Anxo Rodríguez Piñeiro na Universidade de Vigo

Hoxe, Xoves 8 de febreiro, tivo lugar o Acto de entrega dos Premios de Excelencia Académica na Universidade de Vigo. O acto estivo presidido polo reitor, Salustiano Mato de la Iglesia, e no mesmo recoñécese ao alumnado que se matricula por primeira vez nalgunha das titulacións de grao da Universidade de Vigo neste curso 2017-2018. Estas distincións son outorgadas aos estudantes que durante o curso pasado resultaron gañadores das Olimpíadas Científicas, acadaron unha media igual ou superior a 8.5 no bacharelato ou unha media igual ou superior a 9 nun ciclo formativo de grao superior.

Dos 45 alumnos/as seleccionados pola Universidade de Vigo, un deles, Miguel Anxo Rodríguez Piñeiro, é de Monforte de Lemos e ademáis cursou a ESO e o Bacharelato no IES Río Cabe, sendo premiado neste acto de excelencia académica por acreditar unha puntuación de 9,38 puntos na valoración do seu expediente no bacharelato no IES Río Cabe, na convocatoria de xuño do curso 2016/2017.

Miguel Anxo recibiu das mans do reitor unha tablet de 10 pulgadas e o seu correspondente diploma, ao igual que os outros 44 alumnos premiados neste certame. Desde o IES Río Cabe desexámoslle moita sorte no seu futuro como estudante do grao de Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática ao mesmo tempo que o felicitamos polo premio recibido.

Axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2018

No DOG do día 7 de febreiro publicase a Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atópase na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior - 2018

Acaba de publicarse o Borrador da Orde de 22 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de
grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Pódese obter máis información ou exames de convocatorias anteriores na seguinte páxina web:

Distribuir contido