Probas e exames

Probas libres para a obtención de títulos FP LOE/LOXSE. Curso 23/24

 

Publicado o calendario e a actualización da información das probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE/LOXSE). Convocatoria curso 2023/24

 

Toda a información sobre as probas libres 

 Acceso ás instrucións: solicitude e proceso de admisión.

       

PRAZOS

Presentación de solicitudes: do 17 de abril ás 9:00h ata o 30 de abril ás 13:00h.

Matrícula: do 14 de maio ás 14:00h ata o 21 de maio ás 13:00h

Liberados e adxudicación continuada: do 23 de maio ás 9:00h ata o 31 de maio ás 13:00h

 

CALENDARIOS E PROGRAMACIÓNS PROBAS LIBRES CURSO 2023/24 (pendentes de publicar)

 

 

 

Procedemento e prazos de reclamación das cualificacións dos 2º cursos de Ciclos Formativos

 

Procedemento e prazos de reclamación das cualificacións dos 2º cursos de Ciclos Formativos

No caso de ciclos formativos de 2.000 horas de duración, o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de FCT en período ordinario.

Tras a comunicación da cualificación por Abalar o 7 de marzo para 2º curso de Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear, e o 12 de marzo para o resto dos 2º cursos de Ciclos Formativos, o alumnado, e no seu caso as súas familias, poderán solicitar, por escrito, a reclamación ante a dirección do centro, logo das aclaracións co profesorado, no prazo máximo de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en que produza a comunicación.

 

Revisión no centro

Prazo

2º curso Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

8 e 11 de marzo 2024

2º curso resto ciclos formativos

13 e 14 marzo 2024

 

O modelo a presentar na Secretaría do Centro en horario de 09:00 h-13:00 h, e a información adicional sobre o proceso pódense atopar nos seguintes enlaces:

Reclamacións contra as cualificacións finais. Formación profesional (art.45 Orde 12 de xullo de 2011)

Impreso para formalizar a reclamación 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2024

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.     

Información Probas Libres

 Publicado o calendario e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

Instrucións 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 28 de abril de 2023 ata as 13:00 h.

PRAZOS DE MATRÍCULA
Matriculación: 10 ao 19 de maio de 2023 ata as 13.00 h
Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio de 2023 ata as 13.00 h

Toda a información sobre as probas libres (LOE) 

CALENDARIOS E PROGRAMACIÓNS  PROBAS LIBRES DE CICLOS LOE CURSO 2022-2023

CICLO PROGRAMACIÓNS

CALENDARIO DE PROBAS LIBRES

INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓN CMELE02 Instalacións de telecomunicacións ELECTRICIDADE-ELECTRÓNICA
SISTEMAS TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS CSELE02 Sistemas de telecomunicacións e informáticos
MANTEMENTO ELECTRÓNICO CSELE04 Mantemento electrónico
EMERXENCIAS SANITARIAS CMSAN01 Emerxencias sanitarias SANITARIA
IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO E MEDICINA NUCLEAR CSSAN04 Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear
FARMACIA E PARAFARMACIA CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
ASISTENCIA Á DIRECCIÓN CSADG02 Asistencia á dirección ADMINISTRATIVO
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS CSADG01 Administración e finanzas
XESTIÓN ADMINISTRATIVA CMADG01 Xestión administrativa

A XORNADA DE ACOLLEMENTO será o xoves, 1 de xuño  de 2023 ás 9:45 horas, no salón de actos do instituto, no caso de superarse o aforo máximo permitido, na pista de deportes do IES R. Mella (situado ao lado do Edificio Principal, se as condicións climatolóxicas o permiten, noutro caso empregaríase o Polideportivo). Aquelas persoas matriculadas, que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento, ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional, causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión.

PUBLICACIÓN DAS NOTAS DA 1ª PARTE DA PROBA: 6 DE XUÑO DE 2023, AS 13 HORAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO.

REVISIÓN DE EXAMES 1ª PARTE DA PROBA 6 DE XUÑO DE 2023, DE 13H A 14H.

PUBLICACIÓN NOTAS FINAIS DA PROBA, LUNS 12 DE XUÑO DE 2023, AS 13 HORAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO.

RECLAMACIÓNS CONTRA AS NOTAS FINAIS DA PROBA: 13 E 14 DE XUÑO DE 2023. MODELO DE RECLAMACIÓN ANTE O CENTRO

 

 

 

Distribuir contido