FCT

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades de Ciclos Básicos e Medios de FP: Modalidade FCT

 

MOBILIDADES PARA FACER A FCT:

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT total ou parcialmente en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa desde un mínimo de 2 semanas ata un máximo de 81 días de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Períodos Xaneiro-Marzo e Abril-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de outubro inclusive.

 

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades de Ciclos Básicos e Medios de FP: Modalidade RECÉN TITULADOS

 

MOBILIDADES PARA RECÉN TITULADOS:

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para recén titulados en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP. As bolsas para recén titulados poderá solicitalas o alumnado do centro que finalice a FCT en Decembro de 2021.

Estas mobilidades consisten nun período de prácticas nunha empresa estranxeira ata un máximo de 154 días de duración durante o presente curso académico 2021-22 (Período Xaneiro-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de outubro inclusive.

 

 

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades Erasmus+ para alumnado de Ciclos Superiores de FP

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Superiores de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa de dous a tres meses de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Períodos Xaneiro-Marzo e Abril-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro inclusive.

 

 

Distribuir contido