Becas

Bolsa do Ministerio de Educación e FP para estudos postobrigatorios. CURSO 24/25

 

Apertura do prazo para a solicitude da bolsa para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 19 de marzo ás 09:00h ata o 10 de maio ás 15:00h .

O alumnado interesado en solicitala debe dirixirse ao seguinte enlace.  Será preciso darse de alta para comezar coa solicitude.

Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.

Requisitos e contías para o acceso á Universidade.

Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinado ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

       https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado o alumnao de 1º e 2º de bacharelato matriculado en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O periodo de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024 (as datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas de alumnado seleccionado).

 

Prazo de presentación de solicitudes dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024  

 

Distribuir contido