Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinado ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

       https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado o alumnao de 1º e 2º de bacharelato matriculado en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O periodo de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024 (as datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas de alumnado seleccionado).

 

Prazo de presentación de solicitudes dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024