Novas

Conmemoración do Día da Discapacidade

O pasado 3 de decembro para conmemorar o día da discapacidade, no noso IES e dentro do Contrato Programa Inclúe-T e Iguala-T, adicamos diferentes corredores a mulleres valentes con discapacidade:
 
1º da ESO encargouse de Desirée Vila.
3º da ESO encargouse de Susana Rodríguez.
4º de ESO e 4º PDC encargouse de Pilar Lima.
e alumnado de Formación Profesional encargouse de Gennet Corcuera.
 
Este alumnado estivo investigando sobre a vida e traxectoria destas mulleres para despois elaborar uns carteis para poñer nos diferentes corredores.
 
 
 
Pois ben, Desirée, Pilar e Susana quixeron agradecer o traballo do alumnado e mandáronnos uns vídeos moi emocionantes.
 
Aquí vos deixamos os diferentes vídeos para que vos emocionedes tanto coma nós
 
 
 
   

Obradoiro sobre iniciativa emprendedora

A emprendedora viguesa Sandra Touza estará no noso IES falando da súa experiencia dentro do programa EduMotivaCon. Así o recolle o xornal Atlántico Diario:

Novas

 

Esposición "Exodus" na entrada do centro

Unha mostra que reflicte a ollada dos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago. As fotografías, realizadas entre setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias das persoas refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

Exposición cedida temporalmente pola Deputación de Pontevedra.

exp_exodus

1000 Grous para o día da da NON VIOLENCIA e da PAZ

Este ano propúxose dende o centro a iniciativa de decoralo con mil Grous (Grullas) de papel motivados pola fermosa historia de Sadako que podedes ler aqui. Dar as grazas a todo o alumnado e profesorado pola sua participación.

Paz no Mella

Xadrez no IES Ricardo Mella

Dentro das "Xornadas de promoción do xadrez educativo", estamos tendo a sorte de poder desfrutar do xadrez durante os recreos da man de Xadrez Galego. Non deixedes pasar a oportunidade de achegarvos a esta fascinante actividade como xa están facendo moitos compañeiros e compañeiras.

Xadrez nos recreos

Distribuir contido