Matemáticas
EXPOSICIÓN: "POLIEDROS"
Enviado por Anónimo o Dom, 19/06/2011 - 16:28Exposición de diversos poliedros construídos pola alumna de 3º de ESO SARA RODRÍGUEZ-LEPINA. Neles podemos observar dende os habituais e máis coñecidos POLIEDROS REGULARES, ata os complicados POLIEDROS ARQUIMEDIANOS, distintos tipos de ANTIPRISMAS e os fermosos PRISMAS ESTRELADOS.
EXPOSICIÓN TRABALLOS: "A XEOMETRÍA DAS FOLERPAS DE NEVE"
Enviado por Anónimo o Xov, 12/05/2011 - 06:24
O día 12 de maio do 2011 celébrase o DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS. Coincide ademais que este ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA. Mesturando ambas, presentamos nesta data unha exposición de traballos onde se pode observar un pequeno detalle das Matemáticas da Química. En particular, as Matemáticas na Natureza, A XEOMETRÍA DAS FOLERPAS DE NEVE.
SAÍDA DE 2º E 3º DE ESO Á "VII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO"
Enviado por Anónimo o Xov, 05/05/2011 - 12:57O mércores, 4 de maio, o alumnado de 2º e 3º de ESO participou nunha actividade extraescolar consistente na saída á VII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO.
Este evento trata de achegar as matemáticas á sociedade en xeral, mediante obradoiros, concursos e actos lúdicos, amosando as matemáticas dende un punto de vista manipulativo e creativo.
Xeometría
Enviado por Anónimo o Lun, 28/02/2011 - 12:46A xeometría como palabra ten duas raíces gregas: geo = terra e metrón = medida; o sea, significa "medida da terra". A súa orixe, uns tres mil anos antes de Cristo, remóntase ó Medio Oriente, en particular ó Antiguo Exipto, no que se necesitaban medir superficies de terras e na construcción de pirámides e monumentos. Pinchando aqui tedes unha páxina de xeometría apropiada a toda a etapa da ESO. Ademais ahí aparecen numerosos enlaces a outras páxinas matemáticas.
EXPOSICIÓN: " TRABALLOS CON TANGRAM "
Enviado por Anónimo o Dom, 27/02/2011 - 05:13
TODA A INFO:
Trátase dun xogo chino moi antigo, consistente en formar siluetas de figuras coas sete pezas dadas sen solapalas. As 7 pezas, chamadas “Tans”, son as seguintes: 5 triángulos de diferentes tamaños, 1 cadrado, 1 paralelogramo romboide. Normalmente, os “Tans” gárdanse formando un cadrado.
EXPOSICIÓN: " EL ROSTRO HUMANO DE LAS MATEMÁTICAS "
Enviado por Anónimo o Lun, 13/12/2010 - 14:13Temos no noso centro a exposición “EL ROSTRO HUMANO DE LAS MATEMÁTICAS”, da RSME (Real Sociedade Matemática Española) elaborada no ano 2007 co motivo do Ano da Ciencia. Recolle as caricaturas de 31 matemáticos/as, xunto cunha pequena biografía todo en paneis de tamaño A2.
