Novas
Viaxe de fin de curso á Ribeira Sacra
Enviado por admin o Ven, 30/06/2017 - 13:13Aqui podedes ver unha pequena mostra da interesante e divertida visita á Ribeira Sacra que o centro organizou como despedida do curso académico 2016-2017.
Agradecementos a todo o alunado e profesorado participante e que fixo posible esta actividade.
Xurxo Collazo, xefe de estudos de diurno, pagando na cafetería!!!
Enviado por admin o Ven, 30/06/2017 - 13:10Despois dun intenso e complicado ano resistindo os impulsos de convidar a todo mundo na cafetería do instituto, o noso xefe de estudos non puido resistirse neste fin de curso a pagar unha ronda de cafe. A pesares deste despiste, seguiremos apoiando a Xurxo para que poida facer fronte aos seus impulsos naturais de xenerosidade desmedida.
Aqui tedes a proba:
Pequena mostra da interesante visita dos ciclos de electrónica ao repetidor do Xaxán en Domaio
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 14:13Na seguinte ligazón pódese ver unha mostra da interesante visita dos ciclos de electrónica ao repetidor do Xaxán en Domaio o pasado martes 13 de xuño.
Correlingua 2017!
Enviado por admin o Mér, 24/05/2017 - 11:19Unha vez máis o noso IES participou co alunado no correlingua pola defensa do galego que percorre as principais vilas do país. Este ano unidos baixo a mensaxe "En galego sen cancelas". Aqui podedes ver alguhas imaxes da parada en Vigo.