Iniciar sesión

Secretaría virtual

Primeiros días do curso

Como todos estades dexesando comezar, de seguido tedes os horarios para os distintos cursos estes primeiros días:

Mércores día 23 (sen servizo de autobuses):

  • 1º ESO: entrada ás 9 h, saída ás 11 h.
  • 2º ESO: entrada ás 10 h, saída ás 12 h.
  • 1º BAC Ciencias: entrada ás 11 h, saída ás 13 h.
  • 1º BAC CCSS e HH: entrada ás 12 h, saída ás 14 h.

Recordade, este día non haberá servizo de autobuses.

Xoves día 24 (con servizo de autobuses):

  • 1º e 2º ESO: de 8:20 h ata ás 14 h.
  • 3º ESO: de 8:20 h ata ás 14 h. Ao entrar irá directamente ao salón de actos.
  • 1º BAC: de 8:25 h ata ás 14:05 h.
  • 2º BAC Ciencias: entrada ás 10 h, saída ás 14:10h.
  • 2º BAC CCSS e HH: entrada ás 11 h, saída ás 14:10.

Venres día 25 (con servizo de autobuses):

  • 1º, 2º e 3º  ESO: de 8:20 h ata ás 14 h.
  • 4º  ESO: de 8:20 h ata ás 14 h. Ao entrar irá directamente ao salón de actos.
  • 1º BAC: de 8:25 h ata ás 14:05 h.
  • 2º BAC: de 8:30 ata ás 14:10 h.

 

Comezo das clases

Supoñemos que todos tedes gañas de comezar o curso (nós tamén) así que, seguindo a normativa establecida pola Consellería de Educación, informámosvos que o inicio das clases será do seguinte xeito:

  • O día 23 de setembro comezará o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º de bacharelato.
  • O día 24 de setembro comezará o alumnado de 3º de ESO e 2º de bacharelato.
  • O día 25 de setembro comezará o alumnado de 4º de ESO

O luns día 21 informarémosvos máis polo miúdo para que todos saibades como vai ser este comezo.

Nova información

Podemos confirmarvos que todo o alumnado do centro terá clases presenciais este curso.

Tentaremos darvos información sobre o comezo do curso estes días. Perdoade que non vola teñamos dado antes pero estamos adaptándonos o máis rápido que podemos á nova normativa.

Entrega libros Fondo solidario

O vinderio luns, día 21, de 9 a 13 h, na biblioteca do instituto, entregaranse os libros de 3º e 4º da ESO para solicitantes do Fondo Solidario de Libros de Texto.

Deben ser recollidos polo solicitante (pai, nai ou titor). De teren que ser recollidos por outra persoa, ésta deberá aportar un escrito onde se lle autorice e a copia do DNI do solicitante.

Información

Informámosvos de que a Consellería de Educación decidiu adiar o inicio do curso ata o vindeiro día 23 de setembro.

Notas e procesos posteriores

Alumnado de 2º BAC:

As notas enviaranse de xeito telemático o mércores a última hora da tarde.

A revisión de exames é o xoves ás 11:30. Pódense presentar reclamacións ata o venres, día 4, ás 14:00 h.

A formalización da matrícula para as ABAU farase entre o xoves 3 (preferentemente) e o venres 4 (de 9 a 12 h)

En secretaría tedes que recoller a seguinte documentación:

  • Impreso para facer o depósito do título de bacharelato. Despois pagar no banco a cantidade correspondente: 52,94 €; 26,5 € ou 0 € e según sexa normal, familia numerosa categoría xeral ou familia numerosa categoría especial.
  • Impreso para o pago das taxas de matrícula (63,67 €, 31, 84 € ou 0 €). A gratuidade é para familia numerosa de categoría especial ou persoal docente e de Administración e Servizos, o seus fillos, cónxuxe ou persoa de analoga relación, das Universidades do SUG, persoas con discapacidade maior do 33 %, víctimas de terrorismo ou violencia de xénero.
  • Impreso de matrícula.

Unha vez feito o abono deberedes presentar en secretaría:

  • DNI (orixinal e dúas copias.
  • Resgardo do abonamento dos dereitos do Título de Bacharelato.
  • Resgardo do aboamento das taxas de matrícula.
  • Impreso de matrícula cuberto.
  • Orixinal e copia do carné de familia numerosa.
  • A gratuidade acredítase mediante certificación dos Servizos de Persoal e, no caso de cónxuxes ou fillos, ademais por medio da fotocopia do libro de familia.

O día 8 de setembro deberedes revisar os vosos datos na listaxe de matrícula que se publicará no centro.

 

Alumnado de ESO e primeiro de bacharelato:

As notas envíanse de xeito telemático o xoves a última hora da tarde.

A revisión de exames é o venres 4 ás 11:30. O prazo de reclamacións remata o luns día 7.

Matrícula:  alumnado que estea en condicións de facer a matrícula, que recolla os sobres o día 4 e, de seren posible, que realice a matrícula ese mesmo día.

Medidas seguridade e hixiene exames

Como sabedes, é moi importante manter certas medidas de prevención para que diminuir a propagación da Covid-19. Poden ser incómodas pero son necesarias na loita contra este virus. Así pois indicámosvos ditas medidas:

  • O uso da máscara é obrigatorio en todo o recinto escolar.
  • Ao chegar ao centro deberedes utilizar o xel hidroalcohólico, así como cada vez que entredes nun aula para facer o exame.
  • Seguide o sentido de circulación que indican os sinais.
  • Se cando cheguedes a aula do exame está xente dentro ou non está o profesor, esperade en ringleira de a un mantendo a distancia de seguridade.
  • Cando entredes na aula o profe botará no voso posto unha solución viricida e vos o limparedes con panos desbotables.
  • Nos aseos respectade o aforo máximo que está indicado, lavando as mans antes e despois de entrar.
  • Procurade manter unha distancia interpersoal mínima de 1,5 m e evitade a formación de grupos.
  • Cando rematedes un exame, se non tedes máis ese día non vos quededes no centro.
  • Se tedes algún exame máis esperade nos patios exteriores gardando sempre o indicado anteriormente.
  • Non compartades material con outros compañeiros.

Defensa do derradeiro proxecto STEMbach

O día 29 de xullo tivo lugar a defensa do último proxecto de investigación realizado este curso polo alumnado de 2º de bacharelato, dentro do programa STEMbach.

De seguido tedes unha pequena ficha de dito proxecto:

  • Título: "Parámetros físico-químicos y bacteriológicos en el estudio de la calidad del agua en el curso del Río Lagares"
  • Autores: Andrés Alonso Rodríguez, Andrea Gil Collazo, Claudia Guerra Colmenero, Silvia Mete Vázquez.
  • Titores: María Olga Ferro Lorenzo (Departamento de Física e Química do IES ROU), Javier López Bermúdez (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES ROU) e Marta Teijeira Bautista (Departamento de Química Orgánica da Universidade de Vigo).

Os nosos parabéns a todos os participantes.

 

Premios extraordinarios ESO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico. 

Poderá participar o alumnado que cursase durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estivese proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e teña obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. 

Cada premio estará dotado con 750 €. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 27 de xullo e o 21 de agosto de 2020.

Tedes máis información no seguinte enlace.

Premios extraordinarios bacharelato

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020.

Poderán acadar estes galardóns, dotados cada un deles con 1.000 euros, un total de 20 alumnas e alumnos. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

O obxectivo é recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estas ensinanzas.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que teña rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso; e que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Se precisades máis información podedes facer clic na seguinte ligazón.

Animádevos a participar.

Distribuir contido