Iniciar sesión

Secretaría virtual

Filosofía

Os trastornos alimentarios

O venres, 16 de febreiro, o alumnado de psicoloxía tivo unha charla impartida pola psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra para coñecer máis a fondo os problemas relacionados cos trastornos alimentarios. Queremos agradecervos a completa e clara exposición do tema que recibimos e ter resolto moitas das nosas dúbidas.

Deixamos o contacto da asociación: 
BOUZAS: Calle Camilo Veiga 44, Bajo, Vigo 36208
Teléfono: 698 14 53 46

Dinámica dos cubos

Todo o alumnado de 1º de Bacharelato participou nesta actividade, organizada pola profesora de Filosofía Mar Hospido, co obxectivo de afondar nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODD1 (Fin da pobreza); ODD8 (Traballo decente e crecemento económico) e ODD10 (Redución das desigualdades). Cada grupo, por separado, reuniuse na Biblioteca do centro onde tiñan que organizarse en 4 grupos diferentes. Según representasen países con maior ou menor riqueza recibían una cantidade de material (cartulinas, tixolas, regras, lápices e fixo) e debían competir entre eles para ver quen lograba facer máis cubos de 8 cm en 50 minutos. Os grupos podían intercambiarse o material. A dinámica deixou en evidencia que aqueles grupos (países) con mais tecnoloxía tiñan unha clara ventaxa independentemente do esforzo e cualidades individuais, e que os alumnos/as dos grupos mais “pobres” cando por fin conseguían o material necesario para traballar o facían igual de ben que os demais. Durante a actividad fixéronse fotos coas que logo se montaron catro cubos, un por cada grupo de bacharelato.

A escritora Xulia Alonso no noso centro

Este xoves, 2 de febreiro, visitounos Xulia Alonso para charlar co alumnado de Psicoloxía de 2º de bacharelato sobre o seu libro autobiográfico Futuro imperfecto no que relata a propia experiencia da adicción á heroína e coa sida.Falounos do proceso de creación dunha obra tan emocional e honesta, das experiencias persoais e culturais que marcaron a súa xeración, dos tabús da enfermidade, da importancia de poder decidir. A charla organizouna Biblioteca, a profesora de Psicoloxía Mar Hospido e o EDNLG do centro.Tras o coloquio gravamos co equipo da radio unha entrevista que dirixiu a profesora Esther Quinteiro.

 

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Fícción versus realidade

Na materia de Filosofía de 1º de Bacharelato, todo o alumnado podía, voluntariamente, participar nesta actividade, enmarcada no proxecto de Biblioteca “O libro nos camiños da Cultura Occidental. O Século XXI”, que tiña duas partes. Na primeira, debían seleccionar un capítulo da serie Black Mirror, ou unha película cunha temática similar, e facer un traballo escrito no que achegasen a súa reflexións acerca da influencia  das novas tecnoloxías na vida social (redes sociais, intelixencia artificial, big data, realidade virtual, etc), comparar o que sucede na ficción co que xa está a pasar na realidade e achegar a sua visión crítica sobre ese tema. A segunda parte consistía en exponer diante do seu grupo o traballo realizado co fin de suscitar o debate na clase sobre a nosa dependencia desas tecnoloxías.

Se queredes ver o resultado, escaneade o código QR da imaxe que tedes abaixo, na que vemos a fotos de algún do alumnado que expuxo.

Posverdade: a mentira a golpe de clic

Este relato foi escrito de forma colaborativa polo alumnado de Filosofía de 4º ESO, coordinado pola profesora Celeste Cancela. O traballo encádrase dentro do proxecto "O libro nos camiños da cultura occidental: o século XXI", coordinado pola Biblioteca do centro. Narra as andanzas dunha rapaza chamada Hannah no país da posverdade. Son moitas as aventuras ás que se vai enfrontar a protagonista para poder chegar a distinguir o verdadeiro do falso, o real do "fake". Conseguirá a nosa heroína saír  san e salva de tanta picardía? 

O relato está formado por catro capítulos, nos que se abordan as seguintes cuestións: que é a posverdade, a relación entre a posverdade e a realidade, a relación entre a posverdade e as noticias falsas e, finalmente, a relación entre a posverdade e as redes sociais.

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación do Departamento de Filosofía para o curso 2021/22.

Membros do Departamento

María del Mar Hospido Lobeiras

María Jesúa Casado González

Distribuir contido