Clubs de Lectura
O club de lectura e as meigas
O Club de Lectura despídese deste curso cunha sesión moi especial
O pasado luns, 6 de xuño, o Club de Lectura tivo a súa derradeira sesión deste ano académico. A lectura que comentamos neste remate de curso foi El secreto de las brujas: La herencia. Foi unha cita moi especial porque contamos, nesta ocasión, coas autoras da novela: Nesa Costas, Antía Eiras e Andrea López. Cada unha delas conta con moitos libros publicados. Estas tres grandes escritoras galegas contáronnos como foi o proceso de escribir unha novela a tres voces e a seis mans. Pasamos realmente unha velada moi amena e agradable, mágoa que ás 16.20 horas, o son do timbre, devolveunos á crúa realidade e tivemos que dicirlles un ata logo a Nesa, Antía e Andrea e, por suposto, tamén ao Roulemos do 2021-2022.
Maio ilustrado no ROU (II)
O luns 16 de maio o grupo do club de lectura tivo a ocasión de charlar co debuxante e ilustrador Fausto Isorna. Na súa charla contounos como, xa desde moi cativo, sentiu atracción polo mundo do cómic ata conseguir converter a ilustración no seu modo de vida. A continuación explicounos como a través da colaxe ilustrou Alicia no país das marabillas (obra comentada na anterior sesión do club de lectura) e Alicia a través do espello, das que trouxo algunhas colaxes orixinais para que puideramos aprecialas.
|
|
Maio ilustrado no ROU (I)
O xoves 5 de maio o alumnado do club de cómic tivo a ocasión de asistir a un obradoiro impartido polo pintor e ilustrador Ramón Trigo, quen lles explicou como realiza o seu traballo de ilustrador e mostroulles algúns debuxos orixinais, que puideron contrastar cos editados nos libros. Por último, os participantes crearon e ilustraron a súa propia historia.
![]() |
![]() |
O Club de Lectura en Santiago
Desde o Club de Lectura organizamos unha viaxe a Santiago de Compostela para confirmar a nosa intuición: hai cousas que non veñen nos libros como, por exemplo, o recendo doutros mundos, nunca sospeitados, que atopamos nos libros antigos.De camiño a Santiago, como peregrinos lectores, visitamos a Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia. Esta visita permitiunos coñecer un pouco máis ao noso premio Nobel de Literatura, a súa persoa, totalmente descuberta, sen a máscara dos personaxes da traxicomedia grega.Despois de saber un pouco máis do autor de A familia de Pascual Duarte e antes de chegar a Compostela, fixemos un alto no camiño na Cidad e da Cultura para coñecer a Biblioteca de Galicia. Foi unha visita moi enriquecedora, pois o noso faro particular, Fernando, levounos por mapas sen rúas, por historias ilustradas e guerras fotografadas. Na Biblioteca de Galicia aproveitamos para ver a exposición de Reimundo Patiño, a quen se lle dedicou este ano o Día da Ilustración.
Rematamos esta viaxe, xa na cidade universitaria, coa visita das dúas bibliotecas máis fermosas de Galicia: A Biblioteca América do Pazo de Fonseca e a Biblioteca Lago da Facultade de Xeografía e Historia. Entrar nestas bibliotecas foi como un auténtico viaxe no tempo.
Xuntamos esta pequena fotomontaxe e, se facedes clic enriba dela, levarádevos a un interesante vídeo sobre a experiencia.
Le racisme de nos jours
Para o proxecto de biblioteca do IES ROU deste curso 2021/22, no Club de lectura de francés de 4º de ESO, lemos "Le racisme expliqué à ma fille" de Tahar ben Jelloun.
Fixemos unha selección por capítulos das frases máis significativas para nós, reflexionando e debatendo ao redor destas.
Posteriormente, ilustrámolas e montamos unha exposición no centro.
No seguinte vídeo, podedes ver o resultado do noso traballo.
Concurso disfraces
Aquí tedes o cartel do concurso de disfraces que organiza o club de lectura do noso centro.
Animádevos a participar!
Le Petit Prince atterrit au ROU
Este curso 2020/21, o alumnado do Club de lectura de francés, coordinado por Henar Pascual Malvar, leu Le Petit Prince de Antoine de Saint- Exupéry e visionou a adaptación cinematográfica de Mark Osborne. Posteriormente, elaboraron o seguinte audiolibro no que quedan reflectidas as súas impresións acerca deste clásico da literatura universal. Á súa vez, guiados por Pablo Martínez Rodríguez, os seus compañeiros de Plástica realizaron unhas fermosas maquetas para expoñer no centro.
Club de lectura 1º BAC
O alumnado do Club de lectura de 1º BACHARELATO, acompañados pola coordinadora dos Clubs de lectura, Carmen Ferreiro, asistiu á representación de DON JUAN TENORIO, un clásico universal.
A sesión foi o martes, 28 de febreiro no teatro Salesianos de Vigo. Gustounos e disfrutámolo moito e iso que non sabiamos que sería a nosa última sesión cultural por moitos meses!
![]() |
![]() |
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
