Iniciar sesión

Secretaría virtual

Lingua Castelá

I Torneo de debate de Vigo

Baixo o tema "debería limitarse o desenvolvemento da intelixencia artificial?" e seguindo as normas do Parlamento Xove, neste I Torneo de debate de Vigo enfrentáronse catro centros: o IES da Guía, o IES Álvaro Cunqueiro, O IES República Oriental do Uruguai e o IES Alexandre Bóveda. Houbo en cada ronda: introducción, refutación, contrarrefutación e conclusión.

O equipo gañador foi o formado por Icía Roca, Hugo Álvarez, Hugo Regueiro e Maya Fernández e o semifinalista foi o formado por Pablo Rodríguez, Eiroa Raimúndez, Antón Álvarez e Adrián Garabatos, alumnos todos do no noso centro.

Foi organizado polos profesores do noso instituto Elena Nieto e Anxo Bea e contou coa asistencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de educación, Olga Alonso.

Os nosos parabéns a todos os participantes.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Exposición Barroco

Inaugurouse no centro unha exposición titulada O barroco: Admiración e sorpresa. Esta exposición forma parte do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, coordinado polo grupo de traballo da biblioteca do instituto. Este curso o proxecto adícase ao Barroco, arte que expresa a angustia e o desengaño do home do século XVII e que busca  sorprender e  admirar, tanto pola vía de sorprendentes conceptos (Quevedo) como co exceso e complexidade das formas artísticas e literarias (Góngora). Podedes ver un pequeno vídeo da exposición levada a cabo polo alumnado de 3º ESO A e coordinada pola profesora de lingua castelá Estela Lago. 

Exposición Barroco from IES ROU on Vimeo.

Marisol Ortiz de Zárate no noso centro

A escritora Marisol Ortiz de Zárate, autora de libros como "Los enigmas de Leonardo" ou "La canción de Shao Li", mantivo un encontro con alumnado de primeiro e segundo da ESO. Como podedes ver nas fotos, todos mostraron un enorme interese e foron moitos os que aproveitaron para que asinara os seus libros.

Aproveitamos para agradecer a Mariso Ortiz a súa presenza no noso instituto.

                                                  

Isto promete

O alumnado de segundo ESO levará a escena tres entremeses, pezas teatrais cómicas, nun acto, que se representaban entre o primeiro e segundo acto das obras do teatro clásico español.

Estes entremeses son: "El retablo de las maravillas" de Miguel de Cervantes, "El viejo celoso", de Miguel de Cervantes e "Tierra de Jauja" de Lope de Rueda.

No seguinte vídeo tedes un avance de como marchan as cousas.

Ensayos teatro from matesrou on Vimeo.

William Shakespeare no ROU

Aquí tedes un avance da que vai ser a mellor representación de todos os tempos do clásico de William Shakesperare Romeo y Julieta.

Fernando Lalana no noso instituto

O escritor Fernando Lalana estivo no noso centro onde impartiu unha charla, organizada polo Departamento de Lingua Castelá, ao alumnado de segundo e terceiro de ESO. Como saberedes Fernando Lalana é un escritor de literatura xuvenil galardonado con multitude de premios, entre os que están o "Gran Angular", o "Barco de Vapor", o "Premio Nacional de literatura Infantil y Juvenil" o "Cervantes Chico", etc. Entre os seus libros atópanse algúns tan coñecidos como "Morirás en Chafarinas", "El último muerto", "La tuneladora"...

No seguinte vídeo tedes un resumo da súa visita. 

FERNANDO LALANA from matesrou on Vimeo.

Caligramas

Se queredes botarlle unha ollada aos caligramas feitos polo alumnado de 4º ESO, baixo a coordinación da profesora Carmen Ferreiro, podedes ver este pequeno vídeo. 

Caligramas from matesrou on Vimeo.

Poesía en movemento

Alumnado de 2º ESO, baixo a coordinación da profesora Carolina Durán, realizou unha serie de móbiles decorativos con poesías de autores do Renacemento español (Garcilaso de la Vega, Fray Luis de León, San Juan de la Cruz, Santa Teresa de Jesús...).

Botádelle unha ollada ao vídeo para ver o resultado.

Poesía en movimiento from matesrou on Vimeo.

Recollendo o premio

Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".

Distribuir contido