Iniciar sesión

Secretaría virtual

Varios

Novo día entrega rifas

Dende a ANPA envíannos información sobre o segundo reparto de rifas. Tedes dita información no arquivo adxunto.

Rifas ANPA viaxes alumnado

No arquivo adxunto tedes información enviada pola ANPA do noso centro sobre a solicitude de rifas para o sorteo dunha cesta de produtos navideños coincidente co número ganador do primeiro premio da lotería do Nadal do 22 de decembro de 2023.

Curso E-Dixgal ANPA

A ANPA do noso centro presenta unha actividade relacionada con E-Dixgal que entendemos pode ser do voso interese. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a máis información.

Avisos ANPA

Achegamos algúns avisos da ANPA do noso centro que poden ser do vososo interese:

  • Asemblea da ANPA para o vindeiro mércores 15 de novembro ás 17 horas no salón de actos do ROU.
  • Nova actividade extraescolar: Taller de moda. Interesados poñédevos en contacto coa ANPA.

Contacto ANPA ROU
Rúa Coutadas, 54 

36207 Vigo    611241591

 

Premios concurso de fotografía pola igualdade

Hoxe foi a recollida de premios do I Concurso de Fotografía e Frase Curta pola Igualdade, promovido pola ANPA do noso centro en colaboración co Centro Comercial Travesía á que aistiu o alcalde de Vigo D. Abel Caballero e a concelleira Dna. Nuria Rodríguez (tedes una reseña no xornal do Concello de Vigo).

Se facedes clic na fotografía cos finalistas accederedes a un pequeno resumo do que foi este acto.

Fotografías finalistas I Concurso Fotografía e Frase Curta

Se facedes clic na seguinte ligazón podedes ver as fotografías finalistas no I Concurso de Fotografía e Frase Curta "No século XXI a igualdade e..." promovido pola ANPA do noso centro.

Estas interesantes fotografías tamén podedes velas na exposición que está na planta -1 do Centro Comercial Travesía.

Papaventos pola saúde mental

O vindeiro venres 7 de outubro, ás 16 h, terá lugar no noso centro un obradoiro de decoración de papaventos cuxo obxectivo é concienciar sobre o coidado da saúde mental.

Esperamos a vosa participación!

Concurso fotografía e frase curta ANPA

 A ANPA ROU convoca o I Concurso de Fotografía e Frase curta de Igualdade, invitando a participar ó alumnado do centro escolar IES ROU en todos os seus niveis educativos: ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato a que compartan unha fotografía con un lema que mostre o que eles e elas consideran representativo de igualdade no noso século.

 

No arquivo adxunto tedes toda a información precisa. Animádevos a participar!

Nova parada bus liña travesía

Informámosvos dunha nova parada do bus que fai a liña que sae de Travesía de Vigo. No arquivo adxunto tedes todas as paradas e marcada en amarelo a nova.

Premios ANPA

Co gallo do Nadal celebrouse un concurso de fotografía organizado pola ANPA do noso centro. O primeiro premio foi para Naira Otero Ferreira, o segundo para Sofía Cortés García e o terceiro para Olivia Navia Rodríguez. Os nosos parabéns ás gañadoras.

 

  
Distribuir contido