Premios
Parabéns, campiona!
Queremos felicitar a Sabela González Alcántara, alumna de 2º de bacharelato, por acadar o primeiro posto na fase final galega da Olimpíada de Bioloxía, celebrada hoxe, 19 de febreiro, na falcultade de Ciencias da Universidade de Vigo e que lle da acceso á fase nacional.
Á proba acudiron os vinte alumnos que conseguiron a mellor puntuación nunha fase previa eliminatoria.
Lembramos que Sabela xa demostrou ser unha científica nata os cursos anteriores, nos que logrou excelentes relultados e o pase á fase nacional de Olimpíada de Xeoloxía.
Podedes ver a noticia no Faro de Vigo se facedes clic no seguinte enlace.
E tamén a entrevista en Radiovoz no seguinte enlace.
![]() |
|
Premio extraordinario ESO
A alumna do noso instituto, Claudia Villar Cebada, acaba de conseguir uns dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria. Os nosos parabéns a unha rapaza que pode ser exemplo para moitos alumnos do noso centro.
Premio á excelencia
O antigo alumno do noso centro, Daniel Fernández Vence, acadou un dos Premios á Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes do Bacharelato. Tal e como indicou o reitor Salustiano Mato “con este acto queremos recoñecer a importancia que ten o mérito, a capacidade e o esforzo que se plasman nos resultados académicos que tivestes no ensino secundario”.
Parabéns Dani, que teñas un boa andaina nos teus estudos universitarios.
Recollendo o premio
Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".
