Iniciar sesión

Secretaría virtual

Lingua Castelá

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Cancelación da representación da obra máis aclamada

Por motivos alleos á nosa vontade, queda cancelada a representación da obra "Usted tiene ojos de mujer faltal", de Jardiel Poncela. 

A oratoria e o teatro

No seguinte vídeo tedes unha escolma das excelentes actuacións do alumnado de oratoria de 2º da ESO. Que o disfrutedes.

Próxima estrea

A compañía de teatro "Arte Nuevo", formada por alumnado de 2º e 3º da ESO e dirixida pola profesora Estela Lago, vai representar a obra "Usted tiene ojos de mujer fatal", unha adaptación da obra de Jardiel Poncela. Aínda que a compañía ten tres anos de experiencia, este curso participa por primeira vez nos "Premios Buero teatro joven" da fundación Coca Cola. Catro dos nosos alumnos foron seleccionados para presentar a gala de entrega de premios de dita fundación.

Aquí tedes un tráiler para abrir boca. 

A escritora Sonia Mirón no noso centro

A escritora Sonia Mirón estivo este venres 8 de febreiro no IES República Oriental do Uruguai para presentar a súa última novela titulada Mi corazón en una caja de zapatos. Os alumnos de 1º da ESO, lectores fieis da escritora, preguntáronlle numerosos aspectos relacionados coa escritura e tamén sobre as súas obras. Ao final da magnífica charla, organizada polo Departamento de Lingua Castelá, a escritora asinou exemplares das súas novelas aos rapaces, que inmortalizaron o momento cunha fotografía final. 

Exposición Barroco

Inaugurouse no centro unha exposición titulada O barroco: Admiración e sorpresa. Esta exposición forma parte do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, coordinado polo grupo de traballo da biblioteca do instituto. Este curso o proxecto adícase ao Barroco, arte que expresa a angustia e o desengaño do home do século XVII e que busca  sorprender e  admirar, tanto pola vía de sorprendentes conceptos (Quevedo) como co exceso e complexidade das formas artísticas e literarias (Góngora). Podedes ver un pequeno vídeo da exposición levada a cabo polo alumnado de 3º ESO A e coordinada pola profesora de lingua castelá Estela Lago. 

Exposición Barroco from IES ROU on Vimeo.

Marisol Ortiz de Zárate no noso centro

A escritora Marisol Ortiz de Zárate, autora de libros como "Los enigmas de Leonardo" ou "La canción de Shao Li", mantivo un encontro con alumnado de primeiro e segundo da ESO. Como podedes ver nas fotos, todos mostraron un enorme interese e foron moitos os que aproveitaron para que asinara os seus libros.

Aproveitamos para agradecer a Mariso Ortiz a súa presenza no noso instituto.

                                                  

Isto promete

O alumnado de segundo ESO levará a escena tres entremeses, pezas teatrais cómicas, nun acto, que se representaban entre o primeiro e segundo acto das obras do teatro clásico español.

Estes entremeses son: "El retablo de las maravillas" de Miguel de Cervantes, "El viejo celoso", de Miguel de Cervantes e "Tierra de Jauja" de Lope de Rueda.

No seguinte vídeo tedes un avance de como marchan as cousas.

Ensayos teatro from matesrou on Vimeo.

William Shakespeare no ROU

Aquí tedes un avance da que vai ser a mellor representación de todos os tempos do clásico de William Shakesperare Romeo y Julieta.

Fernando Lalana no noso instituto

O escritor Fernando Lalana estivo no noso centro onde impartiu unha charla, organizada polo Departamento de Lingua Castelá, ao alumnado de segundo e terceiro de ESO. Como saberedes Fernando Lalana é un escritor de literatura xuvenil galardonado con multitude de premios, entre os que están o "Gran Angular", o "Barco de Vapor", o "Premio Nacional de literatura Infantil y Juvenil" o "Cervantes Chico", etc. Entre os seus libros atópanse algúns tan coñecidos como "Morirás en Chafarinas", "El último muerto", "La tuneladora"...

No seguinte vídeo tedes un resumo da súa visita. 

FERNANDO LALANA from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido