Iniciar sesión

Secretaría virtual

Música

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Concerto didáctico no CSMV

O martes 3 de marzo alumnos e alumnas de 2º ESO do noso centro asistiron a un concerto didáctico no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Durante o mesmo tiveron a oportunidade de escoitar pezas musicais de diferentes estilos: bandas sonoras, música tradicional española, jazz, música latinoamericana...

A través das explicacións coñeceron os instrumentos que forman parte da banda, a súa disposición no conxunto, as familias instrumentais que a integran e as súas diferenzas, a posibilidade da interpretación con solistas, a importante función da dirección na banda...

Foi un concerto moi ameno e divertido xa que a música estivo acompañada de bailes e escenificacións teatrais con moito humor e enxeño.

Agradecemos ao Conservatorio Superior de Música de Vigo a experiencia, desexando volver o próximo curso.

Aquí tedes unha mostra do concerto na que podedes ver o ben que o pasamos.

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación do Departamento de Música para o curso 21/22.

Os sons das bandas deseñadas

Credes que as bandas deseñadas non teñen son? Os rapaces de 2º ESO do noso centro demostraranvos que estades equivocados. Se facedes clic en cada imaxe atoparedes un vídeo para que o comprobedes.

COMPOSICIÓNS DESCRITIVAS
   
FRASES PARA COMPOSICIÓNS NON DESCRITIVAS   COMPOSICIÓNS NON DESCRITIVAS
     

Premios Sofía Novoa Ortiz

Como moitos de vos sabedes, os traballos da profesora de música do noso centro, Carmen Losada, conseguiron sacar do esquecemento á docente e pianista Sofía Novoa. Desde fai dous anos a Deputación de Pontevedra convoca os premios Sofía Novoa Ortiz, que tratan de potenciar a realización de traballos de fin de grao ou fin de máster nos que se integre a perspectiva de xénero. Na seguinte foto podedes ver á profesora Carmen Losada coas galardoadas deste ano.

Cotiáfonos

Moitas veces os instrumentos musicais poden parecernos moi complexos, pero vos sorprendería o que se pode facer con obxectos de uso cotiá. Se facedes clic no cartel o veredes.

Vídeos da construción dos cotidiáfonos

Queredes ver como se fixeron estes instrumentos? Facendo clic en cada unha das fotos levarádevos a un vídeo onde poderedes descubrilo.

Muller e música en Vigo

O pasado martes, Camen Losada falounos da muller e a música en Vigo durante a Restauración e a Segunda República. No seguinte vídeo tedes unha escolma desta moi interesante conferencia.

Conferencia Carmen Losada from matesrou on Vimeo.

Estudando a educación no ROU

Onte tivo lugar a segunda das conferencias do ciclo sobre as mulleres en Vigo durante a Restauración e e II República, co título: "A educación istitucional e privada na cidade de Vigo". As conferenciantes foron Miriam Varela Iglesias e María Fernanda Piñeiro Sampaio, investigadoras e profesoras na Escola de Maxisterio CEU de Vigo.

No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo de dita conferencia.

A educación institucional e privada na cidade de Vigo from matesrou on Vimeo.

Xosé Luís Méndez Ferrín no ROU

Hoxe tivo lugar a primeira das conferencias do ciclo "As mulleres de Vigo durante a Restauración e a II República". O ponente foi Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e político, gran coñecedor da historia de Vigo e de Galiza e que nos falou sobre a sociedade de Vigo neste período.

Aproveitamos para agradecerlle a súa presenza no noso centro.

No seguinte vídeo tedes unha escolma do que foi este acto. 

Xosé Luís Méndez Ferrín from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido