Lingua Galega
Programacións
No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.
Poesía no ROU
Velaquí unha mostra de que no noso instituto hai poesía e poetas. En primeiro da ESO dedicamos unhas cantas clases a xogar coas palabras e as figuras literarias para expresar sentimentos e ideas sobre o noso día a día no instituto e o que pasa ao noso redor.
Logo editamos os nosos propios poemarios. Tivemos que ver que partes compoñen un libro e decidir tamaño, títulos, cores, portadas etc.
Estes dezaoito libros recollen o noso traballo, as nosas ideas, o que sentimos e toda a nosa creatividade.
Esperamos que vos gusten!
Se facedes clic nas diferentes miniaturas poderedes apreciar cada un destes excelentes traballos, coordinados polo profesor do Departamento de Lingua Galega Xosé Ramón Alonso Priegue.
Tamén os tedes no arquivo adxunto.
FE DE ERROS: no libro “O noso instituto” falta a mención dun dos autores: Miguel Dafonte (1ºESO-A)
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Celebración día das Letras Galegas
No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que aconteceu no noso instituto o día das Letras Galegas.
LETRAS GALEGAS ROU 2018 from IES ROU on Vimeo.
Pedro Feijoo no noso centro
O escritor Pedro Feijoo (autor de libros como "Os fillos do mar", "A memoria da choiva" ou "Morena, perigosa e romántica" e galardoado co premio Arcebispo Juan de Clemente) estivo esta semana no noso instituto mantendo un coloquio con alumnado de primeiro e segundo de bacharelato. Nesta xuntanza púxose de manifesto a gran complicidade que existe entre o escritor e os seus lectores.
Agradecémoslle a Pedro Feijoo a súa presenza no noso centro.
Aquí tedes algunhas fotos do acto:
![]() |
![]() |
|
![]() |
Blogs do Departamento
- Este é un blogue creado por e para o alumnado de 3º e 4ºda ESO A do IES República Oriental do Uruguai de Vigo-Teis coa finalidade de facer pública a actividade creativa dos grupos na materia de Lingua e Literatura Galega. Comezamos esta aventura no curso 2009-2010 e aínda non soubemos parar. Benvid@s!
- Este é un caderno de bitácora do IES República Oriental do Uruguai, en Vigo. A nosa intención é dar a coñecer na rede os traballos de opinión e creación que realizamos na materia de Lingua e Literatura Galega durante o curso 2009-10 / 2010-2011 / 2011-2012 / 2012-2013
Membros do Departamento de Lingua Galega
Eliseo Martínez González (xefe de Departamento)
Lorena Pérez Torrón
Esther Quinteiro Otero
